Xunta Central Falleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Xunta Central Falleira (en valenciano Junta Central Fallera (JFC)) é o organismo que regula e coordina a festa das fallas tanto na cidade de Valencia coas comisións de cada falla, así coma coas Xuntas de Distrito. Tamén coordina as diferentes Xuntas Locais Falleiras nas diversas poboacións onde se celebra esta festa.

Características[editar | editar a fonte]

Ten a sede no edificio adxunto ao Museu Faller, en fronte da Ciutat de les Arts i les Ciències (Cidade das Artes e das Ciencias), xunto a igrexa de Montolivet.

A Xunta encargase, por exemplo, de facer a elección da Fallera Major de Valencia, de escoller as mellores fallas de tódalas categorías, así como de organizar os actos centrais da festa, como a Ofrena de flors á Mare de Déu dels Desemparats, e moitas outras.

Deixando de banda os posicionamentos políticos puntuais desta entidade, débese destacar a súa importancia cívica e organizativa no País Valenciano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]