Nit del Foc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Nit del Foc (en galego: A Noite do Lume) é unha das actividades máis famosas e das que máis público segue na festa das Fallas de Valencia. Consiste nun castelo de fogos de artificio na noite do 18 ao 19 de marzo, na véspera do día grande, San Xosé (Sant Josep).

Milleiros de cidadáns e visitantes saen á rúa esta noite para gozar da última noite das festas falleiras nos casais, os bailes e os concertos. Durante esta noite a Falleira Maior de Valencia deposita o seu ramo de flores na imaxe tapizada con flores da Mare de Déu dels Desemparats. Seguidamente vai á vella canle do río Turia e prende o castelo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.