Planh (xénero literario)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O planh (occitano: "pranto") é unha elexía propiamente trobadoresca, derivada do latín medieval plantus. Diferénciase do plantus latino en que, contra a orixe relixiosa e litúrxica deste, vai destinado a un público segrar. Podemos atopar diferentes tipos de planhs: os adicados a grandes persoeiros, os adicados a familia e amigos, e os que cantan a damas e amantes.

Considérase que o trobador Cercamon foi o creador deste xénero literario co seu planh Lo plaing comenz iradamen á morte de Guillerme X, gran protector das artes.