Piscina Rosario Dueñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piscina Rosario Dueñas
Coordenadas42°20′37″N 7°52′15″O / 42.343511111111, -7.8709638888889Coordenadas: 42°20′37″N 7°52′15″O / 42.343511111111, -7.8709638888889
editar datos en Wikidata ]

A Piscina Rosario Dueñas é unha piscina municipal que se atopa en Ourense, e que destaca por ser unha das catro piscinas olímpicas de Galicia[1] xunto coa piscina municipal de Riazor (A Coruña),[2] a piscina olímpica municipal de Lieiro (Cervo),[3] e o Complexo deportivo Rías do Sur (Pontevedra).[4] Esta piscina é o fogar e sede do Club Natación Pabellón Ourense xunto ca Piscina Pedro Escudero (25m).[5]

Historia[editar | editar a fonte]

A piscina creouse coa construción do Pavillón dos Remedios[6]inaugurado o día 1 de xuño de 1969 co partido de baloncesto correspondente á Final de Copa entre o Real Madrid e o Joventut de Badalona.[7] No ano 1981 a Corporación Municipal decidiu que a piscina do Pavillón dos Remedios levase o nome da nadadora Rosario Dueñas,[8] (Ourense, 1960), que chegou a ser campioa galega. Unha explosión de propano na súa casa do barrio ourensán das Lagoas detivo a súa carreira deportiva no ano 1979.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Necesitamos una piscina de nivel para entrenar y competir"". La Opinión de A Coruña (en castelán). 2018-06-10. Consultado o 2023-08-22. 
  2. Coruña, Ayuntamiento de A. Coruña / Concello da. "Piscina Municipal de Riazor". Ayuntamiento de A Coruña (en castelán). Consultado o 2023-08-22. 
  3. "PISCINA OLÍMPICA DE LIEIRO | Cervo". www.concellodecervo.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2023. Consultado o 2023-08-22. 
  4. "Rías Do Sur – Galaico Sincro" (en castelán). Consultado o 2023-08-22. 
  5. "Complexo Polideportivo dos Remedios de Ourense". www.alquilerdepistas.com. Consultado o 2023-08-25. 
  6. "Las obras del Pabellón Polideportivo de los Remedios, con una inversión de la Xunta cercana a los 2 millones de euros, continúan "a buen ritmo y sin acumular retrasos" - Xunta de Galicia". www.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2023-08-25. 
  7. "Complexo Polideportivo dos Remedios | Consello Municipal de Deportes". www.deportesourense.com. Consultado o 2023-08-25. 
  8. "1981: La piscina olímpica del pabellón se llamará Rosario Dueñas". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-06-12. Consultado o 2023-08-25. 
  9. "Rosario Dueñas, la nadadora que fue misionera con Teresa de Calcuta: «Soy afortunada, he tenido dos vidas»". Global Galicia (en castelán). 2021-05-27. Consultado o 2023-08-25.