Saltar ao contido

Piove (Ciao ciao bambina)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piove
Domenico Modugno Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Título
Piove (ciao ciao bambina) (it) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Interpretado por
 Compositor/a
 Letra de
Datas
 Data de publicación
1959 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
 Premios e distincións
Identificadores
Freebase/m/0g_n88 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

«Piove (Ciao ciao bambina)» é unha canción composta e interpretada en italiano por Domenico Modugno.[1] Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Fonit Cetra.[2] Foi elixida para representar a Italia no Festival de Eurovisión de 1959 tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1959.[3][4]

Festival de Eurovisión 1959

[editar | editar a fonte]
Domenico Modugno, intérprete da canción, tras gaña-lo Festival da Canción de Sanremo 1959.

Selección

[editar | editar a fonte]

«Piove (Ciao ciao bambina)» cualificouse para representar a Italia no Festival de Eurovisión 1959 tras gaña-la final nacional italiana, o Festival da Canción de Sanremo 1959,[3] onde foi interpretada dúas veces, unha por Modugno e outra por Johnny Dorelli.[5]

No festival

[editar | editar a fonte]

A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959 co título «Piove», sendo interpretada polo cantante italiano Domenico Modugno.[4] A orquestra foi dirixida por William Galassini.[6]

Foi interpretada en terceiro lugar, seguindo a Dinamarca con Birthe Wilke interpretando «Uh, jeg ville ønske jeg var dig» e precedendo a Mónaco con Jacques Pills interpretando «Mon ami Pierrot». Ao final das votacións, a canción recibiu 9 puntos, obtendo o sexto posto de 11 xunto a Bélxica.[7]

Versións

[editar | editar a fonte]
  • En 1959 a canción entrou nas listas de éxito de Hong Kong tras ser gravada polo grupo local The Yee Tin Tong Mandolin Band, publicada por Diamond Records Company.
  • A cantante Dalida gravou unha versión en francés.[8]
  • En 1961, a canción foi versionada pola cantante de Hong Kong Kong Ling (江玲), no seu álbum Off-Beat Cha Cha.[9]
  • O tenor italoestadounidense Sergio Franchi gravou a canción como «Ciao, Ciao Bambina» no seu disco de 1966 La Dolce Italy para RCA Victor.[10]
  • En 2015, o trío italiano de ópera pop Il Volo gravou unha versión no seu EP Sanremo Grande Amore.[11]
  1. "Piove". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.
  2. "Domenico Modugno Con L'Orchestra Del Festival* – Piove (Ciao Ciao Bambina)". Discogs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.
  3. 1 2 "Italy 1959" [Italia 1959]. ESC-History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.
  4. 1 2 UER (ed.). "Domenico Modugno - Italy — Cannes 1959" [Domenico Modugno - Italia — Cannes 1959]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.
  5. "Festival di Sanremo del 1954" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2011.
  6. "William Galassini". And the conductor is... (en inglés). Search, by year, 1959, William Galassini. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2018. Consultado o 18 de agosto de 2019.
  7. UER (ed.). "Final of Cannes 1959" [Final de Cannes 1959]. Festival de Eurovisión (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.
  8. Dalida Accompagnée Par Raymond Lefèvre Et Son Grand Orchestre ‎– Ciao Ciao Bambina
  9. Kong Ling ‎– Hong Kong Presents Off-Beat Cha Cha
  10. Sergio Franchi
  11. "Grande Amore - Il Volo". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
«Nel blu, dipinto di blu»
Domenico Modugno

Italia no Festival de Eurovisión

1959
Sucesor:
«Romantica»
Renato Rascel