Saltar ao contido

Pinto & Chinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pinto e Chinto no Culturgal 2010.

Pinto & Chinto é un dúo de humoristas gráficos galego, formado polo debuxante David Pintor e o guionista Carlos López.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

David Pintor (nado na Coruña en 1975) e Carlos López (nado en Boimorto en 1967) comezaron a traballar xuntos en 1993 e dende entón traballaron en varios xornais, salientando La Voz de Galicia. En 2001, comezaron a creación de obras para literatura infantil. Teñen publicados máis de 20 libros e recibiron varios premios da crítica, como o Premio Merlín, Premio Raíña Lupa, Premio Martín Sarmiento, Premio Pura e Dora Vázquez, selección na Feira Internacional de Boloña en 2007, 2010, 2011 e 2013, na Bienal Internacional de Bratislava, e premio especial do xurado no Festival do Libro Infantil de Corea Nami Island.

  • Curuxa do Humor (Museo do Humor de Fene)
  • Haxtur (Salón Internacional do Cómic de Oviedo)
  • Hermés (Concello de Barakaldo).
  • Mingote (Diario ABC).
  • Seleccionados na lista White Ravens no 2011, por Contos para nenos que dormen de seguida.
  • Premio literario Frei Martín Sarmiento no 2007, por O pequeno da familia fantasma.