Pinara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Pinara (Πίναπα) foi unha cidade de Licia ao pé dos montes Crago e non lonxe da riba oeste do Xanthos. Estrabón di que foi unha das principais cidades e, a pesar de que non é mencionada por outros autores, as súas ruínas demostran que tivo bastante importancia. Meneácretes, historiador de Licia, mencionado por Estevo de Bizancio, di que foi unha colonia de Xanthos e que se chamou inicialmente Artymnesos, despois cambiado a Pinara, que na lingua local quería dicir "outeiro redondo".

As súas ruínas serían atopadas por Sir Charles Fellows preto da aldea de Minara. O teatro consérvase en prefecto estado; tamén están bastante ben as murallas e algúns edificios; atópanse numerosas tumbas, algunhas con bonitas esculturas.