Saltar ao contido

Pilatus Aircraft

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilatus Aircraft

Editar o valor en Wikidata
Fundación10 de decembro de 1939
LocalizaciónStans, Suíza
Industriaaeroespacial
Na rede
http://www.pilatus-aircraft.com/
Facebook: pilatusaircraft Twitter: pilatusaircraft Instagram: pilatusaircraft LinkedIn: pilatus-aircraft-ltd TikTok: pilatusaircraft Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pilatus Aircraft Ltd. é un construtor aeroespacial situado en Stans, Suíza. En abril de 2022 a compañía empregaba a máis de 2 000 traballadores.[1]

A compañía produciu principalmente avións para mercados nicho, en particular avións de engalaxe e aterraxe curtas (STOL) e avións militares de adestramento. Durante os anos 50 e 60 Pilatus desenvolveu un transporte civil lixeiro STOL, o PC-6 Porter. En 1973 decidiu reiniciar os traballos do programa PC-7, e o avión entrou en produción como o PC-7 Turbo Trainer. En 1979 Pilatus mercou Britten-Norman, fabricante dos Britten-Norman Islander e Britten-Norman Defender. Nos anos 80 a compañía desenvolveu o PC-9, un derivado mellorado do PC-7.

Durante os anos 90 Pilatus abriuse a un mercado civil máis amplo coa introdución do PC-12, un avión turbohélice monomotor do cal fabricou máis de 1 700 unidades. Nos anos 2000 introduciu un novo membro da súa familia de adestradores militares, o turbohélice PC-21. Nos anos 2010 a compañía desenvolveu o PC-24, un reactor bimotor STOL capaz de operar dende pistas non pavimentadas.

Nome Descrición
Pilatus SB-1 1939

proxecto STOL experimental[2]

Pilatus SB-2 1941

transporte STOL, 1 construído

Pilatus SB-5 "Super-Pelican" 1944

proxecto de transporte STOL[2]

Pilatus P-1 1941

proxecto de adestrador monopraza

Pilatus P-2 1945

adestrador

Pilatus P-3 1953

adestrador

Pilatus P-4 1948

prototipo de transporte STOL

Pilatus P-5 1951

proxecto de observador de artillaría

Pilatus PC-6 1959

transporte STOL

Pilatus PC-7 1966

adestrador turbohélice

Pilatus PC-8D 1967

prototipo de transporte STOL

Pilatus PC-9 1984

adestrador turbohélice

Pilatus PC-10 1970

proxecto de transporte bimotor

Pilatus B-4 1972

planador

Pilatus PC-12 1991

turbohélice monomotor de transporte/executivo

Pilatus PC-21 2001

adestrador turbohélice

Pilatus PC-24 2014

reactor de transporte/executivo bimotor

  1. "The Pilatus Group". Pilatus Aircraft Ltd (en inglés). Consultado o 2022-04-27. 
  2. 2,0 2,1 Pilatus SB-2 Pelican: Das Schweizer Bergflugzeug 1938–1949. Studienbüro für Spezialflugzeuge, Kuno Gross, ISBN 978-3-7494-3640-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]