Pilar López Díez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1948 (76 anos) Morea, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, mestra |
Pilar López Díez, nada en Moreda de Ayer o 1 de maio de 1948, é unha xornalista, investigadora en comunicación e dereito de acceso, asesora en comunicación e xénero española. É doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. De 2009 a 2011 formou parte do grupo de persoas expertas da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero para o asesoramento e formación de xornalistas no tratamento deste tema nos medios de comunicación audiovisuais en España. É autora de numerosas investigacións e manuais sobre comunicación e igualdade e comunicación e violencia de xénero.
Comunicación e violencia de xénero
[editar | editar a fonte]Dende comezos do ano 2000 realizou numerosas investigacións sobre o tratamento da imaxe das mulleres nos medios de comunicación e a violencia de xénero.
López Díez defende que a violencia masculina contra as mulleres é un tema político e así debería ser tratado nos medios de comunicación, da mesma maneira que se trata a violencia terrorista e que non habería violencia masculina se se educase en igualdade. Nenos e nenas -considera- van reflectir na idade adulta os arquetipos apresos na infancia. Tamén salienta o papel chave dos medios: "se os medios de comunicación respectasen ás mulleres e o feminino da mesma maneira que aos homes e o masculino".[1]
Dende o ano 1999 en España está tipificado por lei que esta violencia é un problema que transgrede o ámbito do privado para converterse nunha cuestión política, en troques, os medios de comunicación ségueno tratando como un "suceso" indagando moi pouco nas súas razóns de fondo.[1] En relación ó tratamento do maltratador, considera que é imprescindible que se sitúe o foco sobre el e non sobre a vítima.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Pilar López Díez propone tratar igual la información sobre violencia contra las mujeres y sobre terrorismo". europapress.es (en castelán). 21 de novembro de 2007. Consultado o 13 de xaneiro de 2017.
- ↑ "La prensa hace autocrítica sobre el tratamiento de la violencia machista" (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2017.