Pilar López Díez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pilar López Díez
Pilar López Díez.jpg
Nome completoPilar López Díez
Nacemento1 de maio de 1948
 Moreda
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista e mestra
editar datos en Wikidata ]

Pilar López Díez, nada en Moreda de Aller o 1 de maio de 1948, é unha xornalista, investigadora en comunicación e dereito de acceso, asesora en comunicación e xénero española. É doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. De 2009 a 2011 formou parte do grupo de persoas expertas da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero para o asesoramento e formación de xornalistas no tratamento deste tema nos medios de comunicación audiovisuais en España. É autora de numerosas investigacións e manuais sobre comunicación e igualdade e comunicación e violencia de xénero.

Comunicación e violencia de xénero[editar | editar a fonte]

Dende comezos do ano 2000 realizou numerosas investigacións sobre o tratamento da imaxe das mulleres nos medios de comunicación e a violencia de xénero.

López Díez defende que a violencia masculina contra as mulleres é un tema político e así debería ser tratado nos medios de comunicación, da mesma maneira que se trata a violencia terrorista e que non habería violencia masculina se se educase en igualdade. Nenos e nenas -considera- van reflectir na idade adulta os arquetipos apresos na infancia. Tamén salienta o papel chave dos medios: "se os medios de comunicación respectasen ás mulleres e o feminino da mesma maneira que aos homes e o masculino".[1]

Dende o ano 1999 en España está tipificado por lei que esta violencia é un problema que transgrede o ámbito do privado para converterse nunha cuestión política, en troques, os medios de comunicación ségueno tratando como un "suceso" indagando moi pouco nas súas razóns de fondo.[1] En relación ó tratamento do maltratador, considera que é imprescindible que se sitúe o foco sobre el e non sobre a vítima.[2]

Notas[editar | editar a fonte]