Pilar Franco
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Pilar Franco | |
---|---|
Nome completo | Pilar Franco Bahamonde |
Nacemento | 27 de febreiro de 1895 |
Ferrol | |
Falecemento | 6 de xaneiro de 1989 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Pai | Nicolás Franco Salgado-Araújo |
Nai | Pilar Bahamonde |
Irmáns | Nicolás Franco, Ramón Franco e Francisco Franco |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pilar Franco Bahamonde, nada en Ferrol o 27 de febreiro de 1895 e finada en Madrid o 6 de xaneiro de 1989, foi unha muller galega, coñecida por ser irmá do ditador Francisco Franco Bahamonde.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla de Nicolás e Pilar, foi a terceira de cinco irmáns: Nicolás, Ramón, ela, María de la Paz e Francisco Franco. Estudou Maxisterio, e en 1914 casou co militar Alfonso Jariaíz Jerez, co quen tivo 10 fillos, enviuvando cando o menor deles tiña 10 meses. Durante un tempo traballou como relacións públicas.
Finou por mor dun derramo cerebral, e foi soterrada no Cemiterio da Almudena de Madrid[1].
Escribiu o libro Nosotros, los Franco (1980), no que contaba detalles da vida familiar.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Pilar Franco será enterrada hoy en el Cementerio de la Almudena", artigo en ABC, 7 de xaneiro de 1989 (en castelán)