Picado (gastronomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Picado con xarope de cereixa.

O picado[1] é unha bebida refrescante composta por xeo picado moi miúdo ao que se lle engade algunha esencia, zume de froitas, xarope ou bebida alcohólica[2] que pode vir en diversas cores e sabores.

Historia[editar | editar a fonte]

Na década de 1850 a revolución industrial americana fixo que o xeo estivese comercialmente dispoñíbel. Algunhas casa de xeo en Nova York adoitaban vender xeo para lugares como a Florida. Para transportar o produto, as casas de xeo enviaban un vagón cun enorme bloeque de xeo. A ruta a Florida pasaba por Baltimore, onde os nenos corrían até o vagón na procura dunha pequena raspadura de xeo. Pouco tempo despois, as nais fixeron aromatizantes para que os fillos botasen no xeo. O primeiro sabor que fixeron tornouse moi popular e o favorito en Baltimore: a crema de ovos. A crema de ovos era un sabor doado de facer, só con ovos, vainilla e azucre.[3]

Características[editar | editar a fonte]

Comercializábanse as máis das veces por vendedores ambulantes, que levaban un bloque de xeo nun carriño. Hoxe tamén hai postos comerciais establecidos.

A súa preparación é bastante sinxela. Utilízase unha máquina manual para picar o xeo, aínda que outros vendedores utilizan un cepillo de ferro para esmagalo.

Ao xeo esnaquizado ou relado engádaselle o xarope do sabor a elixir, sendo os máis populares amorodo, laranxa, lima e limón, mais pódense atopar xaropes de diversos sabores (cola, chile, framboesa etc). O xeo métese nunha máquina que remexe e que non deixa de dar voltas cunhas aspas para manter o produto solto e a baixa temperatura. A bebida sérvese nun vaso polo xeral de plástico. É común nos días de calor no verán, en praias e parques de atraccións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Denominación en galego en VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
  3. Gienow, Michelle. “Cold Comfort: On the Cultural Significance of the Snowball in Baltimore” City Paper. September 18, 1996. Retrieved January 20, 2011.