Pica costeira
Pica costeira | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto.
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Anthus petrosus' (Montagu, 1798) | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
Anthus petrosus petrosus |
A pica costeira (Anthus petrosus) é un paxaro paseriforme da familia dos motacílidos. Reprodúcese nas costas rochosas de Europa Occidental. Abonda principalmente en Irlanda, Reino Unido e Francia. As poboacións escandinavas e rusas migran cara ó sur no inverno.
Características
[editar | editar a fonte]Non acostuma alonxarse das zonas rochosas nas que reside e a maioría dos seus voos son de curta distancia[1]. Como o resto das aves da familia dos motacílidos, aliméntase de insectos e busca as súas presas dende o chan.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Distínguense catro subespecies de Anthus petrosus:
- Anthus petrosus petrosus
- Anthus petrosus kleinschmidti
- Anthus petrosus meinertzhageni
- Anthus petrosus littoralis
A A. p. littoralis é a propia de Escandinavia e do Mar Báltico, mentres que o resto son nativas do occidente europeo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A. p. kleinschmidti en Suðuroy, nas Illas Feroe.
-
Ovos de Anthus petrosus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bijlsma (1977), Alström & Mild (1996)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pica costeira |