Saltar ao contido

Peter Giles (filólogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeter Giles
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1860 Editar o valor en Wikidata
Morte17 de setembro de 1935 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Vice-chancellor (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Aberdeen
Gonville and Caius College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, erudito clásico, filólogo Editar o valor en Wikidata

Peter Giles, nado en Strichen, Aberdeenshire o 20 de outubro de 1860 e morto o 17 de setembro de 1935 en Cambridge, foi un distinguido filólogo e Master do Emmanuel College, Cambridge.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduouse na Universidade de Aberdeen e acudiu á Universidade de Cambridge como alumno do Gonville and Caius College en 1882.[1] Obtivo unha clasificación de first class nas dúas partes do Classical Tripos e de second class en historia.

Tras escoitar as clases de Karl Brugmann en Friburgo e Leipzig, Giles levou as ideas dos neogramáticos a Inglaterra na súa única publicación, A Short Manual of Comparative Philology for Classical Students[2], publicada en 1895 e posteriormente traducida ao alemán.

Giles sucedeu a John Peile como Reader en filoloxía comparada en Cambridge en 1891, cargo que detentou ata a súa morte.

  1. Giles, Peter in Venn, J. & J. A., Alumni Cantabrigienses, Cambridge University Press, 10 vols, 1922–1958.
  2. archive.org

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]