Pere Mir i Puig
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1919 Barcelona, España |
Morte | 10 de marzo de 2017 (97 anos) Barcelona, España |
Educación | Universidade de Barcelona - doutoramento |
Actividade | |
Ocupación | empresario, químico, profesor universitario |
Empregador | Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO). Centro de Formación Interdisciplinaria Superior (CFIS). Instituto de Oncoloxía Vall d'Hebron. Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer (IDIBAPS). Centro de Investigación Biomédica da Universidade de Barcelona. |
Familia | |
Cónxuxe | Núria Pamias |
Premios | |
Creu de Sant Jordi (1993) Premio Nacional de Investigación (2011) | |
Lista
|
Pere Mir i Puig, nado en Barcelona en 1919 e finado na mesma cidade o 10 de marzo de 2017,[1] foi un empresario e mecenas catalán.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en Ciencias Químicas, dedicouse á investigación, á síntese e á fabricación de produtos químicos, así como á promoción de varias empresas e patentes. Mir fixera fortuna como químico tras inventar unha nova técnica para extraer formol da madeira, que tiña máis de vinte patentes, algunhas das cales aínda se utilizan hoxe en día, e iniciou a súa actividade filantrópica na década de 1960 cunha doazón á Casa Pairal, de Vilassar de Mar. Tamén foi profesor na Escola de Enxeñeiros Técnicos da Universidade Politécnica de Cataluña e fundador do Centro de Estudos Cataláns da Sorbona, en París. En 1993 recibiu a Creu de Sant Jordi en recoñecemento ao seu traballo.
No ano 2002 creou a Fundación Cellex, que liderou nos últimos anos as achegas do sector privado ao progreso científico de Cataluña.[3] Algúns dos proxectos que financiou son o Instituto de Ciencias Fotónicas (ICFO), o Centro de Formación Interdisciplinaria Superior (CFIS) da UPC, que ofrece a posibilidade de cursar dúas carreiras simultáneas a alumnos de altas capacidades, o Centro de Investigación Biomédica da Universidade de Barcelona,[4] o Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer (IDIBAPS), o Instituto de Oncoloxía Vall d'Hebron e o programa de CiMs+CELLEX de bolsas de estudo para estudantes de bacharelato, especializado en ciencias e matemáticas.[5]
A achega ao ICFO foi a doazón de patrocinio científico máis grande feita en España,[6][7] e permitiu a construción do edificio Nest, que foi inaugurado en xuño de 2012.[8]
Cun perfil moi discreto, estímase que entre 2004 e 2010 a súa fundación financiou con 62 millóns de euros diferentes institutos e proxectos científicos.[9]
O ano 2011 concedéuselle o Premio Nacional de Investigación, na categoría de patrocinio científico.[10] En 2013 recibiu a medalla de ouro do Concello de Barcelona, co premio ao Mérito Científico, pola súa participación no patrocinio de investigación en física, química e a biomedicina.[11]
Pere Mir decidiu levar sempre unha vida discreta e pediu morrer coa mesma discreción. Solicitou que a súa morte non se fixese pública ata que as súas cinzas fosen depositadas no panteón familiar do cemiterio de Vilassar de Mar, tal e como ocorreo, na presenza da súa viúva, Núria Pamias.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mor el gran mecenes de la ciència Pere Mir". El Periódico. 12 de marzo de 2017.
- ↑ "Mecenas en el Hospital" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2017.
- ↑ "El mecenatge científic a Catalunya Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". Blog de l'Observatori de la Recerca.
- ↑ "La UB signa un conveni amb Cellex per a la rehabilitació d'una part de la Facultat de Medicina". Universitat de Barcelona.
- ↑ "Cellex, el secreto mejor guardado de la ciencia catalana". La Vanguardia. 11 de novembro de 2015.
- ↑ "ICFO’s Cellex Nest project highlighted as the most important effort in scientific patronage in Spain Arquivado 13 de marzo de 2017 en Wayback Machine.". The Institute of Photonic Sciences. 27 de outubro de 2010.
- ↑ "L'Institut de Ciències Fotòniques recibe la mayor donación de España". La Vanguardia. 26 de outubro de 2010.
- ↑ "Inauguration of Nest Building Arquivado 13 de marzo de 2017 en Wayback Machine.". The Institute of Photonic Sciences. 19 de xuño de 2012.
- ↑ "Mecenas en el hospital Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". El Periódico. 20 de xuño de 2010.
- ↑ "Los Premios Nacionales de Investigación 2011 abrazan las ciencias de la vida Arquivado 14 de marzo de 2017 en Wayback Machine.. Los galardonados de esta edición son Jordi Galí, Núria López-Bigas, IBM y BSC, Pere Mir y el programa 'Valor afegit' de Televisió de Catalunya". Biocat. 8 de febreiro de 2012.
- ↑ "Pere Mir i Puig i Antoni Vila Casas reben la Medalla d’Or de l’Ajuntament Arquivado 13 de marzo de 2017 en Wayback Machine.". El Digital DBarcelona. 24 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Muere Pere Mir, el gran Mecenas de la ciencia catalana". La Vanguardia. 10 de marzo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Pere Mir i Puig" en Enciclopèdia.cat.