Pennales
Diatoms | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Diatomeas mariñas | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
|
A Orde Pennales é unha subdivisión tradicional das algas heterocontófitas coñecidas como diatomeas[1][2]. Déuselle ese nome á orde pola forma da parede celular (ou válvulas ou frústulas) das diatomeas pennadas, que son alongadas na en visión valvar. As valvas poden ser lineais ou ovais na súa forma, e habitualmente locen patróns ornamentais bilateralmente simétricos. Eses patróns están compostos dunha serie de liñas transversais (as coñecidas como estrías) que poden aparecer como filas de puntos cando se ven en microscopía óptica. Algunhas diatomeas pennadas tamén mostran unha fisura no seu eixo lonxitudinal. Esa fisura coñécese como rafe (fisura ao longo do eixo lonxitudinal) e está implicado no movemento de voo que fan as diatomeas, co que as diatomeas móbiles sempre posúen rafes.
En relación ao ciclo celular, as células vexetativas son diploides e realizan unha mitose durante a mitose celular normal. Periodicamente, a meiose produce gametos haploides (isogametos) morfoloxicamente idénticos que se fusionan para producir cigotos (algunhas veces binucleados) que rematan por producir auxosporas, e a partir das cales as células vexetativas de tamaño completo xorden.
Taxonomicamente[2], as diatomeas pennadas divídense en dous grupos: as diatomeas pennadas sen rafe, as coñecidas como aráfidos (Orde Fragilariophyceae), e as diatomeas pennadas con rafe, as coñecidas como ráfidas (Orde Bacillariophyceae).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoek, C. van den, Mann, D. G. and Jahns, H. M. (1995). Algae : An introduction to phycology, Cambridge University Press, UK.
- ↑ 2,0 2,1 Round, F. E. and Crawford, R. M. (1990). The Diatoms. Biology and Morphology of the Genera, Cambridge University Press, UK.