Saltar ao contido

Penico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Penicos.

Un penico,[1] tamén chamado ouriñal[2] ou bañado,[3] é un recipiente de fondo plano e forma redonda gardado no dormitorio debaixo da cama e usado como baño pola noite (pero case exclusivamente para ouriñar). Tamén o empregan os nenos pequenos que xa non levan cueiros mais aínda non están afeitos ao uso do retrete.[4] Os penicos poden ser de ferro, bronce, cerámica, porcelana, ágata e, máis recentemente, plástico. Case todos teñen unha asa.

Penicos históricos

[editar | editar a fonte]

Un tipo peculiar de penico, o Bourdaloue, foi deseñado especificamente para o uso das mulleres. A forma alongada, rectangular ou ovalada do inodoro, ás veces coa parte frontal alta, permitía que a muller ouriñase de pé ou agachada sen moito risco, o que tamén contribuía a reducir a cantidade de roupa a lavar.

O nome "Bourdaloue" supostamente provén dun famoso sacerdote católico francés, Louis Bourdaloue (16321704), que pronunciou sermóns tan longos que as damas aristocráticas que o escoitaban colocaban discretamente debaixo da roupa para que puidesen ouriñar sen necesidade de ir fóra do lugar. Porén, é probable que isto sexa só unha lenda.[5]

Os penicos mantivéronse de uso rutineiro (especialmente nas zonas rurais) ata mediados do século XX, cando o uso crecente de cuartos de baño con inodoros foi substituíndoos gradualmente. Nalgúns países, como a China (que ten unha gran poboación rural), aínda hoxe se atopan facilmente.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para penico.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ouriñal.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bañado.
  4. "Penico". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  5. Robert Henry (1998). Petites histoires savoureuses des mots que l'on mange. Maclean Hunter. p. 396. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]