Penacho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A palabra penacho (do italiano pennnachio) pode referirse a:

En ornitoloxía
  • O penacho, conxunto de plumas máis ou menos ergueitas que teñen algunhas aves, como a bubela, na parte superior da cabeza, e que tamén se coñece como crista de plumas.
Por extensión
  • O conxunto de plumas que sobresae, como adorno, nos toucados das mulleres, nos cascos antigos, nos sombreiros etc.
  • A parte da crina que lle cae ao cabalo sobre a fronte.
  • O penacho da Pampa, planta herbácea invasora de orixe suramericana.
En sentido figurado
  • A parte máis alta e sobresaínte dunha rocha ou dunha montaña.
  • Unha masa de aire sobresaturado de vapor de auga e que contén adoito contaminantes sólidos, líquidos ou gasosos, vertida á atmosfera por unha cheminea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]