Pemféridos
Aparencia
Os Pemféridos (Pempheridae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense polo Atlántico occidental, Índico e Pacífico.
Características
[editar | editar a fonte]Corpo alto e comprimido, con talles máximos duns 30 cm. A boca é terminal e os ollos grandes e circulares. Algunhas especies posúen órganos luminiscentes.
Unha aleta dorsal curta, que nace á altura da metade do cuerpo ou algo máis atrás, con 4 a 7 espiñas que aumentan gradualmente de tamaño, e 7 a 18 radios brandos; a aleta anal ten 2-3 espiñas e 17-45 radios brandos. Caudal furcada.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en dous xéneros e unhas 26 especies:
- Xénero Parapriacanthus (Steindachner, 1870).
- Xénero Pempheris (Cuvier, 1829)
Antes incluíase nesta familia o xénero Leptobrama, pero actualmente constitúe unha familia propia, Leptobramidae.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pemféridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pemféridos |