Pemberton-Billing P.B.1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pemberton-Billing P.B.1
Tipohidroavión monopraza
FabricantePemberton-Billing Limited
Deseñado porNoel Pemberton-Billing
Primeiro voo1914
Unidades construídas1

O Pemberton-Billing P.B.1, tamén coñecido como o Supermarine, foi un hidroavión británico monopraza dos anos 1910 construído por Pemberton-Billing Limited, que despois se convertería en Supermarine Aviation Works. Só chegou a fabricarse un P.B.1 e non chegou a voar unha distancia máis grande que un salto.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O P.B.1 era un biplano monopraza con cabina aberta impulsado por un motor rotativo Gnome de 50 cabalos (36 kW) que movía unha hélice de tres pas en posición "pusher".[1] O motor estaba montado nunha góndola entre a á superior e a fuselaxe. Tiña un casco dun só chanzo deseñado polo arquitecto naval Linton Hope, cunha pel de abeto sobre unha estrutura de caoba e cuberto por tecido impermeable. Tiña ás de dous vans construídas en abeto e freixo, con aleróns na á superior e frotadores baixo as puntas da inferior. O piloto sentábase nunha cabina detrar do bordo de saída da á.[2][3]

Descrito como "un barco que voará, [en lugar de] un avión que flotará",[1] só chegou a construírse un P.B.1. O aparello foi exposto no Olympia Aero Show en marzo de 1914[1] e no mes seguinte foi reconstruído, movendo a cabina cara a adiante e colocando o motor sobre a fuselaxe. Tras as modificacións, o P.B.1 comezou a probarse, pero non foi capaz de voar durante as probas en Southampton Water o 30 de maio de 1914.[4] Noel Pemberton Billing, o xefe de Pemberton-Billing Limited e deseñador do aparello afirmou que o avión fixera un pequeno salto en xuño,[4] pero outras fontes din que o PB.1 nunca chegou a voar.[5][6]

Tras a conclusión do intento de proba en voo, o P.B.1 foi desmantelado o 28 de xullo de 1914, sendo o seu motor usado no avión de exploración Pemberton-Billing P.B.9.[7]

Especificacións[editar | editar a fonte]

Características xerais[editar | editar a fonte]

  • Tripulación: 1
  • Envergadura: 9, 15 m
  • Superficie alar: 27,2 m2
  • Peso baleiro: 340 kg
  • Peso bruto: 440 kg
  • Motor: 1 × Gnome, 50 hp (37 kW)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "The Olympia Exhibition: The Supermarine P.B.1 (Pemberton Billing). (49.)". Flight. 21 de marzo de 1914. p. 301.
  2. London 2003, p. 8
  3. Jarrett, Air Enthusiast, Forty-eight, pp. 7-8
  4. 4,0 4,1 Jarrett, Air Enthusiast, Forty-eight, p. 9
  5. London 2003, pp. 8-9
  6. Andrews e Morgan 1987, p. 15
  7. Jarrett, Air Enthusiast, Forty-eight, p. 10

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Andrews, C.F.; Morgan, E.B. (1987). Supermarine Aircraft since 1914. London: Putnam. ISBN 0-85177-800-3. 
  • Bruce, J.M. (1969). War Planes of the First World War: Volume Three: Fighters. Londres: Macdonald & Co. ISBN 0-356-01490-8. 
  • Jarrett, Philip (decembro de 1992 - febreiro de 1993). "Supermarine Origins: Pemberton-Billing Flying Boats". Air Enthusiast (Forty-eight): 4–10. ISSN 0143-5450. 
  • London, Peter (2003). British Flying Boats. Stroud, UK: Sutton Publishing. ISBN 0-7509-2695-3.