Pedro Varela Olivera
Pedro Varela Olivera | |
---|---|
![]() | |
Presidente do Uruguai | |
Período | 15 de febreiro de 1868 - 1 de marzo de 1868 |
Antecesor | Venancio Flores |
Sucesor | Lorenzo Batlle y Grau |
Presidente do Uruguai | |
Período | 22 de xaneiro de 1875 - 10 de marzo de 1876 |
Antecesor | José Eugenio Ellauri |
Sucesor | Lorenzo Latorre |
Datos persoais | |
Nacemento | 22 de febreiro de 1837 |
Florida | |
Falecemento | 1906 |
Montevideo | |
Organización | Partido Colorado |
Profesión | político |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pedro José Varela Olivera (1837-1906) político, foi presidente do Uruguai entre 15 de febreiro e 1 de marzo de 1868, e entre 1875 e 1876.
Partidario do xeneral Venancio Flores, formou o seu goberno e, tras a finalización deste, exerceu o Poder Executivo como Presidente do Senado do 15 de febreiro ao 1 de marzo de 1868.
Senador entre 1868 e 1869 e logo entre 1871 e 1874. Tras o motín militar do 15 de xaneiro de 1875 contra o Presidente José Eugenio Ellauri, foi designado como "Gobernador Provisorio", cargo que exerceu até o 22 de xaneiro do mesmo ano, cando a Asemblea Xeral, convocada extraordinariamente e descontando a participación dos parlamentarios desafectos ao motín militar, foi escolleito Presidente da República para rematar o período constitucional de Ellauri até marzo de 1877, mais unha revolución acaudillada polo coronel Lorenzo Latorre, obrigouno a renunciar o 10 de marzo de 1876.
Durante o goberno de Latorre viviu exiliado en Buenos Aires, retornando logo ao Uruguai. Sen actividade política posterior, faleceu en Montevideo en 1906 na miseria.
Notas[editar | editar a fonte]
Presidente do Uruguai | ||
---|---|---|
Segue a: Venancio Flores |
Pedro Varela Olivera | Precede a: Lorenzo Batlle y Grau |
Partido Colorado |
Presidente do Uruguai | ||
---|---|---|
Segue a: José Eugenio Ellauri |
Pedro Varela Olivera | Precede a: Lorenzo Latorre |
Partido Colorado |
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |