Saltar ao contido

Florida, Uruguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Florida, Uruguai
 Xentilicio
floridense (es)
floridenses (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
city (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1809 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
33.639 (2011) 2011 Uruguayan census (en) Traducir
34.893 (2023) 2023 Uruguayan census (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
   15.070 (2023) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   33,41704 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   70 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal94000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap3228120 Editar o valor en Wikidata
VIAF154802146 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06xkgz Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6281287
Wikidata G:Commons C:Commons

Florida é unha cidade uruguaia capital do departamento homónimo. Achantada sobre as ribeiras do Río Santa Lucía Chico, posúe unha poboación de aproximadamente 32.128 habitantes.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi fundada o 24 de abril de 1809, recibindo nun principio o nome de San Fernando de la Florida Blanca, apelación en homenaxe ao válido e favorito real español de inicios do século XIX, o Conde de Floridablanca.

Destaca porque alí se atopa a Pedra Alta da Florida, lugar escolleito o 25 de agosto de 1825 para realizar o Congreso de Florida, e tamén pola Capela de San Cono, santo que congrega multitudes o 3 de xuño.

Na súa praza principal encóntrase a catedral da cidade, que se empezou a construír en 1894. É unha das igrexas máis coñecidas do país, pois contén a Virxe dos Trinta e Tres, patroa do Uruguai, representada por unha pequena figura de madeira, localizada orixinalmente nunha localidade denominada Villa Vieja (antes, Villa del Pintado), e que a ela se encomendaron os Trinta e Tres Orientais tras o seu desembarco en 1825, xurando liberar a patria ou morrer no intento.

Na mesma praza, un monumento obra do escultor Juan Manuel Ferrari, conmemora a Declaratoria da Independencia. O día da inauguración do mesmo, o 19 de maio de 1879, o poeta Juan Zorrilla de San Martín declamou a Leyenda Patria, en honra da xesta dos Trinta e Tres.[1]

  1. ↑ "Juan Zorrilla de San Martín - Leyenda Patria" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2009. Consultado o 27 de maio de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]