Pedro Rodríguez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Rodríguez García
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1935 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de decembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Illa da Toxa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeChari Gómez Miranda
FillosBelén Rodríguez (en) Traducir, Pedro Rodríguez Gómez (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Pedro Rodríguez García, nado en Vigo o 7 de decembro de 1935 e finado na illa da Toxa o 15 de decembro de 1984,[1] foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Avelino Rodríguez. Fixo o bacharelato no colexio Mezquita. Cursou estudos de peritos industriais en Vigo, sen chegar a rematalos. Iniciouse como xornalista en El Pueblo Gallego con dezasete anos. Foi un dos iniciadores da emisora La Voz de Vigo. Despois traballou en Información de Alacant e Arriba e foi director adxunto da revista Tiempo. Licenciose en Ciencias da Inormación coa primeira promoción da facultade de Madrid. Foi comentarista político en varios periódicos como ABC, colaborou na revista Gaceta Ilustrada e en Televisión Española, onde realizou entrevistas. Tamén colaborou no programa radiofónico "Protagonistas" de Luis del Olmo e no semanario vigués El Pope.

Morreu dun ataque ao corazón cando estaba na Illa da Toxa (O Grove) para pronunciar nunha conferencia sobre a transición política.[2]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa xornalista Chari Gómez Miranda, e tivo catro fillos, entre eles a presentadora de televisión Belén Rodríguez (1966) e Pedro Rodríguez Gómez (1969-2012), director xeral de Cuarzo Producciones.

Notas[editar | editar a fonte]