Pedro Osorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pedro Osorio de Villalobos»)
Pedro Osorio
Señor de Villalobos

Nome completoPedro Osorio de Villalobos
Nacemento?
Falecementoantes de 1498 [1]
Pontedeume, A Coruña
RexenteHenrique IV
Cónxuxe/sUrraca de Moscoso [2] (Condesa de Altamira)
DescendenciaAfonso Osorio de Moscoso
Bernal Yáñez de Moscoso
Rodrigo Osorio de Moscoso
Álvaro Pérez Osorio [3]
ProxenitoresPedro Álvarez Osorio
Isabel de Roxas [1]

Pedro Osorio de Villalobos, señor de Navia, Burón e Val de Lourenzá,[3] foi un nobre galego do século XV que participou na Gran Guerra Irmandiña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vista do Castelo da Rocha Forte.

Era o quinto fillo de Pedro Álvarez Osorio, señor de Villalobos e primeiro conde de Trastámara, que faleceu despois do cerco de Santiago de Compostela. Por matrimonio estaba vinculado á familia dos Moscoso.

Durante a revolta dos Irmandiños dirixiu a irmandade no señorío de Santiago, e participou activamente na destrución do Castelo da Rocha Forte. Foi derrotado por Pedro Madruga na Almáciga, ás portas de Compostela, e en 1469 quedou preso por Diego de Andrade en Pontedeume onde morreu.[4]

Tivo catro fillos, Afonso Osorio de Moscoso (que morreu de peste en 1496 en Flandres), Bernal Yáñez de Moscoso, Rodrigo Osorio de Moscoso,[5] segundo conde de Altamira finado o 15 de xaneiro de 1510 en Orán e Álvaro Osorio de Moscoso,[6] dominico bispo de Astorga.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Lamigueiro, José Luis. "Pérez Osorio s. XIV-XVI". Xenealoxías do Ortegal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2021. Consultado o 28 de decembro de 2016. 
  2. Calderón, C. (2007). "Doña Urraca de Moscoso: de la crónica a su testamento. Perfil de una noble gallega de la segunda mitad del siglo XV"
  3. 3,0 3,1 3,2 Lamigueiro, José Luis. "Osorio de Moscoso, s. XV-XX". Xenealoxías do Ortegal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  4. "Osorio de Moscoso" Bermudez de Castro. Genealogía (en castelán).
  5. "Osorio de Moscoso, Rodrigo". Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 103. ISBN 84-7680-288-9. 
  6. "Osorio de Moscoso, Álvaro". Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 103. ISBN 84-7680-288-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]