Saltar ao contido

Conversa:Pedro Osorio

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cónxuxe

[editar a fonte]

E quen di a GEG que era a súa muller Usuario:HombreDHojalata? É que non estou en casa en non teño a GEG aquí. Na ligazón genealogiabermudezdecastro di que era Urraca de Moscoso (claro que polas notas do final parece que colle bastante información da GEG). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2016 ás 23:55 (UTC)[responder]

A Gran Enciclopedia Galega Di:
PEDRO OSORIO   Fillo de Pedro Álvarez Osorio, conde de Trastámara, e de Urraca de Moscoso, señora de Altamira, Pedro Osorio, señor de Villalobos, forma xunto con Alonso de Lanzós e Diego de Lemos a triloxía de xefes militares dos irmandiños, na segunda metade do século XV. Igual que ocorría cos outros dous caudillos, a súa condición fundamental é a adscrición a unha nobreza de tipo medio, abertamente oposta ás grandes familias, coas que manteñen fortes enfrontamentos, dentro dun contexto xeral de crise económica señorial. Pedro Osorio ten, ademais, tras de si o conflito mantido polo seu pai contra o arcebispo compostelán Rodrigo de Luna, ó que conseguiu arrebata-la mitra a favor de seu fillo Luis Osorio, para ser expulsado da cidade polas tropas do novo arcebispo, Alonso de Fonseca, aliado cos Soutomaior, Moscoso e Ulloa…
é dicir, para a GEG, Urraca de Moscoso é a nai, e nós témola como cónxuxe. A GEG non mencionan con quen casou Pedro. --. HombreDHojalata.conversa 27 de decembro de 2016 ás 18:58 (UTC)[responder]
Hum, na web que puxen eu di que PEDRO ÁLVAREZ OSORIO casou con ISABEL DE ROJAS..., habería que revisar a información nos libros que ten a web de referencia "El Mariscal Pardo de Cela" e "Los Señores de Galicia" para ver de aclarar o tema... Ninguén os ten na súa biblioteca? :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 19:12 (UTC)[responder]
Pois segundo o "Nobiliario genealogico de los reyes y titulos de España" (páxina 279) di que casou con Urraca de Moscoso, Condesa de Altamira. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de decembro de 2016 ás 19:19 (UTC)[responder]

Perdón, lieime, a dúbida está na nai... Vou mirar de novo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de decembro de 2016 ás 00:57 (UTC)[responder]

HombreDHojalata, estiven amañando o artigo de Pedro Álvarez Osorio, conde de Lemos, e resulta que ese non é o pai de Pedro Osorio, é un "Pedro Álvarez Osorio" diferente, conde de Trastámara. Teño que seguir mirando porque aínda non teño claro o conto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de decembro de 2016 ás 17:57 (UTC)[responder]

Poñemos de imaxe a que teñen na web do castelo da Rocha Forte? É de licenza CC-BY, pero non sei en que fontes estará baseado ou se simplemente é un debuxo dun cabaleiro... Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de decembro de 2016 ás 23:50 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pedro Osorio. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de decembro de 2019 ás 21:19 (UTC)[responder]