Pedro Nolasco Gaite Sancho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Nolasco Gaite Sancho
Biografía
Nacemento16 de outubro de 1879 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xaneiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Convento de San Xoán de Poio, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixioso Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Pedro Nolasco Gaite Sancho, nado en Pontevedra o 16 de outubro de 1879[1] e finado en Poio o 12 de xaneiro de 1949, foi un relixioso e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do catedrático e escritor Antonio Gaite Núñez e de Esperanza Sancho Méndez-Núñez[2]. Estudou o bacharelato no instituto de Pontevedra e comezou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que abandonou para ingresar no convento de San Xoán de Poio o 26 de outubro de 1896. Logo do noviciado e a primeira profesión, que recibiu no mosteiro da Magdalena de Sarria o 21 de decembro de 1897, cursou os estudos eclesiásticos en Poio.

Foi ordenado sacerdote a finais de 1902. Dentro da orde dos Mercedarios, foi nomeado secretario de provincia de 1906 a 1907, comendador do convento da Magdalena de Sarria entre 1907 e 1914, e despois encabezou o regreso da comunidade a Madrid en 1914. No verán de 1918 foi destinado a Ferrol xunto co padre Alberto Barros. En 1918, coincidindo co sétimo centenario da fundación da orde, fundou en Ferrol a revista La Merced[1]. Deu clase no colexio La Merced (actual colexio Tirso de Molina), onde tivo como alumno a Gonzalo Torrente Ballester. En 1920 foi designado para ler a oración fúnebre de Concepción Arenal.

Permaneceu como comendador en Ferrol até 1924, se ben durante os veráns ía a Donostia para ser capelán da Familia Real. Nese ano regresou a Poio, onde foi nomeado mestre de coristas (formador de seminaristas maiores mercedarios) entre 1924 e 1927, e deputado ao capítulo xeral entre 1927 e 1930. O 24 de decembro de 1927 recibiu o título de predicador xeral, e foi definidor provincial de 1937 a 1942.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Concepción Arenal. Oración fúnebre predicada en la iglesia de San Julián de Ferrol el 31 de enero de 1920 (Ferrol, 1920)
  • Novena en honor de la Virgen de la Barca, cuya milagrosa imagen se venera en su famoso santuario de Mugía (Santiago de Compostela, 1926)
  • Novena a San José de la Montaña
  • Meditaciones (1945; tomo I; obra de piedade)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Couceiro Freijomil, A. (1952). "GAITE SANCHO, Pedro Nolasco". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 111-112. 
  2. Mora González, Enrique. "José Gaite Sancho". Diccionario Biográfico Electrónico. Real Academia de la Historia.