Pedro Mariño de Lobeira Lemos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pedro Mariño de Lobeira Lemos, nado en Pontevedra en 1618 e falecido na mesma cidade en 1649, foi un nobre galego do século XVII da Casa Mariño de Lobeira. Non se debe confundir con Pedro Mariño de Lobeira, escritor pontevedrés do século XVI.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Partencente á baixa nobreza galega, era o señor da Serra de Outes e controlaba o territorio da marxe setentrional da ría de Muros e Noia.

Casado coa importante nobre Benita Andrade Soutomaior, tivo catro fillos, entre eles o morgado Fernando Antonio Mariño de Lobeira e o militar Antonio Mariño de Lobeira.