Pedro Longueira Patiño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1905 Ferrol, España |
Morte | 10 de agosto de 1983 (77 anos) Cidade de México |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 2 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, metalúrxico |
Pedro Longueira Patiño, nado en Ferrol o 25 de novembro de 1905 e finado en México o 10 de agosto de 1983, foi un político socialista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como obreiro metalúrxico e militou no PSOE galego. Nas eleccións xerais de 1936 foi eixido deputado pola provincia da Coruña polo Fronte Popular. Durante a guerra civil foi Comisario Inspector de Prisións, vocal do Tribunal de Responsabilidades Civiles e membro do Padroado de Campos de Traballo. En Barcelona colaborou con Edmundo Lorenzo Santiago na fundación de El Socialista Gallego, órgano da Agrupación Socialista de Refugiados Gallegos e foi secretario xeral de Solidaridade Galega Antifeixista. Despois da guerra civil exiliouse en México, onde contribuíu á organización do PSOE e da UGT no elixio.