Pedro II de Alençon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro II de Alençon
Peter II of Alençon.jpg
Nacemento1340
Falecemento20 de setembro de 1404
Lugar de falecementoArgentan
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónpolítico
PaiCarlos II o Magnánimo
NaiMaria de Lara
CónxuxeMarie Chamaillard
FillosMarie d'Alençon, Catherine of Alençon, Xoán III de Alençon, Pierre d'Alençon, Jean d'Alençon, Marie d'Alençon, Jeanne d'Alençon e Marguerite d'Alençon
IrmánsCarlos III de Alençon, Robert of Alençon, Louis I, Count of Étampes, Filipe d'Alençon e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Pedro II de Alençon (Pedro II de Valois, conde de Alençon), nado en 1340 e finado en Argentan o 20 de setembro de 1404, foi conde de Alençon, Perche e Porhoët, fillo de Carlos II de Alençon, conde de Alençon e Perche, e María de La Cerda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pedro II naceu en 1340, sendo o segundo fillo de Carlos II de Alençon, conde de Alençon e Perche, e de María de la Cerda.

Armado cabaleiro en 1350, foi un dos reféns enviados a Inglaterra en 1360 a cambio do rei Xoán II de Francia, preso en Poitiers en 1356. Non volveu a Francia ata 1370. No mesmo ano, mercou o feudo de Châteauneuf-en-Thymerais a Roberto de Pont-Audemer.

Alistouse ás ordes do duque Xoán I de Berry e loitou en Aquitania co seu segundo irmán Roberto, contra os ingleses; tomaron Limoges, pero fracasaron ante Usson (1371). Despois loitou en Bretaña con Du Guesclin, e foi ferido durante o asalto a Hennebont (actual Morbihan).

Uns anos despois, en 1388, acompañou a Carlos VI de Francia nunha expedición contra Guillerme VI, duque de Gelderland e Juliers .

Morreu en Argentan o 20 de setembro de 1404, sendo enterrado na cartuxa do Val de Deus, en Feings[1].

Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]

Casou o 10 de outubro de 1371 con María Chamaillard (ca. 1345 - Argentan, 18 de novembro de 1425), vizcondesa de Beaumont-au-Maine, Fresnay e Sainte-Suzanne, filla de Guillerme Chamaillard, señor de Anthenaise (arredor de 1320 - 1391) e María de Beaumont-Brienne (arredor de 1325 - 1372), ela mesma vizcondesa de Beaumont-au-Maine, Fresnay e Sainte-Suzanne, herdeira da familia Beaumont. Tiveron 8 fillos:

Tamén tivo un fillo ilexítimo:

  • Pedro bastardo de Alençon, señor de Aunou, que morreu solteiro.

Notas[editar | editar a fonte]