Carlos II o Magnánimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos II o Magnánimo
Charles II dAlençon.jpg
Nacemento1297
Falecemento26 de agosto de 1346
 Crécy-en-Ponthieu
CausaMorto en combate
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia
Ocupacióncondotiero e militar
PaiCarlos de Valois
NaiMargaret, Countess of Anjou
CónxuxeMaria de Lara e sen etiquetar
FillosCarlos III de Alençon, Pedro II d'Alençon, Robert of Alençon, Filipe d'Alençon e sen etiquetar
IrmánsFilipe VI de Francia, María de Valois, Isabelle of Valois, Duchess of Brittany, Joana de Valois, Condessa de Hainaut, Isabella of Valois, Duchess of Bourbon, Joan of Valois, Countess of Beaumont, Branca de Valois, Catarina de Valois-Courtenay, Margarida de Valois e Louis of Valois
editar datos en Wikidata ]

Carlos II de Alençon[1], tamén coñecido como Carlos II o Magnánimo, nado en 1297 e finado o 26 de agosto de 1346, era o segundo fillo de Carlos I de Valois e de Margarida de Anjou, e polo tanto irmán do rei de Francia Filipe VI de Francia. Foi conde de Perche, Chartres e Alençon.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo as súas primeiras armas en Güiena baixo o mando do seu pai e mostrou no seu primeiro cerco un gran valor que o levou ata unha temeridade cega (1324).

Á morte do seu pai, o 16 de decembro de 1325, o seu irmán Luís de Valois recibiu o condado de Chartres, o condado de Alençon e as terras de Châteauneuf-en-Thymerais e Carlos as terras de Champrond e Senonches e o condado de Perche, segundo un acordo de distribución feito polo seu pai o 20 de maio de 1314; pero á morte de Luís os condados de Chartres e Alençon e o señorío de Chateauneuf-en-Thymerais pasaron ao seu irmán maior Filipe VI de Francia que os cedeu a Carlos en abril de 1329.

Participou na batalla de Cassel (1328) e na conquista de Saintes (1330). O seu irmán Filipe converteuse en rei de Francia en 1328, pero o rei Eduardo III de Inglaterra reclamou a coroa e negouse a pagar o tributo. Filipe VI nomeouno tenente xeneral do Reino e enviouno a cubrir unha rebelión en Saintes, fomentada polos ingleses, e tomou varias fortalezas, incluída a propia Saintes.

Despois interviu en Cambrai en 1339 e en Tournai en 1340. O duque Xoán III da Bretaña morreu en 1341 e estalou a guerra de sucesión entre a súa sobriña Xoana de Penthièvre, apoiada polos franceses, e Xoan II de Montfort, apoiado polos ingleses. Filipe VI deulle a fortaleza de L'Aigle que confiscara a Xoán de Montfort.

Participou na batalla de Crécy (26 de agosto de 1346 ), onde comandou a vangarda e na que morreu.

Matrimonios e fillos[editar | editar a fonte]

En abril de 1314 casou con Xoana, condesa de Joigny, que faleceu o 24 de setembro de 1336, sen descendencia.

En decembro de 1336 casou en segundas nupcias con María de la Cerda (c. 1319 - 19/11/1379), chamada María de Castela, señora de Lunel, filla de Fernando de Castela (1275-1322), señor de La Cerda, e de Xoana Núñez chamada "la Palomilla" (A Pombiña 1286-1351), señora de Lara. María de la Cerda quedara viúva do seu primeiro matrimonio con Carlos de Évreux (1305-1336), conde de Étampes. Coñecense polo menos seis fillos da unión de Carlos de Alençon e María de la Cerda:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Patrick Van Kerrebrouck, Nouvelle histoire généalogique de l'auguste maison de France, vol. 3 : Les Valois, Patrick van Kerrebrouck, 1990, pp. 412-5.
  • Georges d'Heylli, Les tombres royales de Saint-Denis - Histoire et nomenclatures des tombeaux, extraction des cercueils royaux en 1793 - Ce qu'ils contenaient - Les Prussiens dans la basilique en 1871, edición de 1872.