Pedra do Patrimonio Mundial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O nome Pedra do Patrimonio Mundial (en inglés Global Heritage Stone Resource, GHSR) refírese ao recoñecemento internacional dos recursos de pedra natural que acadaron unha ampla utilización na cultura humana. Os detalles da proposta de "Pedra do patrimonio mundial" foron dados por primeira vez publicamente no 33º Congreso Xeolóxico Internacional celebrado en Oslo en agosto de 2008. Porén, esta iniciativa foi suxerida en 2007 para sinalar un recoñecemento internacional das pedras famosas.[1]

Na mesma conferencia acordouse avanzar na proposta do GHSR baixo os auspicios da "Commission C-10 Building Stones and Ornamental Rocks" da Asociación Internacional de Enxeñaría Xeoloxía e Medio Ambiente. Desde a conferencia de Oslo, a designación tamén gañou o apoio da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas.

A partir de febreiro de 2019, as seguintes rochas foron designadas como pedras do patrimonio mundial: pedra de Portland, Larvikita, Petit Granit, gneis de Hallandia, pedra calcaria de Podpeč, mármore de Carrara, mármore de Estremoz, pedra de Lede, lousa de Gales, pedra Mar del Plata, mármore serpentino de Kolmarden, pedra de Lioz, pedra de Jacobsville e pedra calcaria de globixerina de Malta.[2]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cooper, Barry (Abril de 2013). "The "Global Heritage Stone Resource": Past, Present and Future". EGU General Assembly Conference Abstracts. pp. 2013–1410. 
  2. "Designation of GHSR". IUGS Subcommission: Heritage Stones. Consultado o 15 de maio de 2024.