Países da Bretaña
Os países da Bretaña (en lingua bretoa Broioù kozh Breizh) son as subdivisións tradicionais da Bretaña histórica. Trátase dunha estrutura complexa porque os territorios que a compoñen teñen evolucionado e cambiado ó longo da historia. Distínguense dous niveis de país: os países históricos e os países tradicionais. Dende 1999 e a aprobación da lei de orientación pola xestión e o desenvolvemento sostíbel do territorio (LOADDT), tamén se pode engadir o país « Loi Voynet », aínda que agora so ten un carácter administrativo.
Historia
[editar | editar a fonte]Antes de 1789, a Bretaña foi de xeito simultáneo unha provincia, unha généralité, unha intendencia, unha parte da provincia eclesiástica de Tours, etc. Estas entidades tiñan á súa vez diversas divisións administrativas: os presidios, as senescalías (división xudicial, de 26 a 40 segundo as épocas), as dioceses (división relixiosa, 7 despois 9) etc. Todas estas subdivisións desapareceron trala Revolución Francesa e foron substituídas por unha nova división administrativa única, o departamento.
Países históricos
[editar | editar a fonte]Os países históricos ou provincias (en bretón bro, en plural broioù) a miúdo son asimilados ós antigos bispados, mais nalgúns fanse lixeiras distincións.[1] As fronteiras dos bispados foran reorganizadas a fin de axeitalos ós novos límites departamentais o 29 de novembro de 1801. Os broioù son nove:[2]
- Bro Gernev
- Bro Leon
- Bro Dreger
- Bro Gwened
- Bro Zol
- Bro Sant Brieg
- Bro Sant Malou
- Bro Naoned
- Bro Roazhon
Países tradicionais
[editar | editar a fonte]Os países tradicionais (en bretón paou, en plural peier ou broig, en plural broioùigoù), son subdivisións dos países históricos, aínda que non teñen uns límites fixados. Tamén tiveron funcións diversas ó longo da historia: algúns tiveron un papel administrativo mentres que outros son esencialmente territorios identitarios.[3]
País "Loi Voynet"
[editar | editar a fonte]Os países de xestión do territorio, ou países «Loi Voynet» foron creados pola lei de dirección da xestión e o desenvolvemento sostíbel do territorio (LOADDT) de 25 de xuño de 1999. Excepto Naoned e Sant-Nazer, que se atopan no departamento do Loira Atlántico e non pertence á actual rexión da Bretaña, todas as cidades importantes da Bretaña son base dun país. Hai 26,[4] das que 21 atópanse na rexión actual da Bretaña.
Outros
[editar | editar a fonte]Hai outras subdivisións territoriais que levan ou levaron a designación de "país". Por exemplo, ademais de ser un país "Loi Voynet", o país de Morlaix ten a etiqueta de País de Arte e de Historia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ « Algúns dos bispados non coinciden exactamente cun bro» Bodlore-Penlaez & Kervella 2011, p. 98
- ↑ Bodlore-Penlaez & Kervella 2011, p. 98
- ↑ Bodlore-Penlaez & Kervella 2011, p. 100
- ↑ Bodlore-Penlaez & Kervella 2011, p. 108
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Bretaña |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pays.region-bretagne.fr : Web da Rexión da Bretaña e os seus 21 países « Loi Voynet » (en francés)
- Geobreizh.com : portal xeográfico e cartográfico bretón. (en bretón) (en francés)