Payer Tolay Mati Nai
| Payer Tolay Mati Nai | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Lingua orixinal
| |
| Autoría | |
|
Director/a
| |
| Publicación | |
|
País de orixe
| |
| Fontes e ligazóns | |
| Wikidata |
Payer Tolay Mati Nai (en bengalí: পায়ের তলায় মাটি নাই) é un filme de Bangladesh de 2021 dirixido por Mohammad Rabby Mridha (no seu debut como director) cun guión de Mohammad Rabby Mridha e Nahar Mridha a partir dunha historia de Fazla Rabby. Está protagonizado por Mostafa Monwar, e describe a vida de Saiful, un condutor de ambulancia empobrecido en Dacca.[1] O filme estreouse na 26ª edición do Festival Internacional de Cinema de Busan na sección 'fóra de competición' o 7 de outubro de 2021,[2] e competiu polo premio ao mellor filme no Festival Internacional de Cinema da India en novembro de 2021.[3]
Foi escollido como candidato de Bangladesh para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 96ª edición dos premios,[4][5] mais finalmente non foi nomeado.[6]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mostafa Monwar como Saiful
- Priyam Archi como Mina, a primeira esposa
- Deepanwita Martin como a segunda esposa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ramachandran, Naman (8 de outubro de 2021). "Busan: 'No Ground Beneath the Feet' Producer Abu Shahed Emon Reveals Extensive Slate (EXCLUSIVE)". Variety. Consultado o 27 de outubro de 2023.
- ↑ "'Payer Tolay Mati Nai' selected at Busan". Dhaka Tribune. 16 de setembro de 2021. Consultado o 27 de outubro de 2023.
- ↑ "Bangladeshi film 'No Ground Beneath the Feet' selected for Goa filmfest". South Asia Monitor. 12 de novembro de 2021. Consultado o 27 de outubro de 2023.
- ↑ Frater, Patrick (23 de setembro de 2023). "International Oscar Race: Bangladesh Selects 'No Ground Beneath the Feet' (EXCLUSIVE)". Variety. Consultado o 27 de outubro de 2023.
- ↑ "This film has been chosen as Bangladesh's official Oscars submission". The Daily Star. 23 de setembro de 2023. Consultado o 27 de outubro de 2021.
- ↑ "96th Oscars Shortlists Announced for 10 Categories". Academy of Motion Picture Arts and Sciences (en inglés). 21 de decembro de 2023. Consultado o 22 de decembro de 2023.