Este recinto, inaugurado en 1995, está confeccionado a imaxe e semellanza do seu curmán da Zona Escolar e situado ao carón do Colexio Bergantiños. O edificio conta cun pavillón polideportivo (chamado popularmente Pavillón Bergantiños) de linóleo (renovado no 2008) no que xoga os seus partidos como local o Escola Lubiáns (equipo local de hóckey a patíns), así como cunha piscina climatizada empregada polos distintos clubs da localidade e que conta cunhas bancadas con capacidade para 300 espectadores. No ano 2009 abriuse no complexo unha sala de fitness de 180 metros cadrados á disposición dos cidadáns.[1]
No ano 2021 tiveron que realizarse reformas no pavillón para solucionar os problemas de filtración de auga, humidade e condensación.[2]
En 2024 o Concello de Carballo acometeu unha reforma integral do pavillón cun investimento de 300000euros cos que se renovou completamente o pavimento da pista, deseñado para a práctica de baloncesto, fútbol sala, balonmán, bádminton, voleibol, patinaxe e hóckey a patíns. Durante as obras instalouse un sistema hidráulico que permitirá o axuste do valo fixo empregado nos partidos de hóckey a patíns.[3]