Pavilhão de Portugal da Expo '98

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pavilhão de Portugal
Pavilhao Portugal 2.JPG
Edificio
LocalizaciónParque das Nações, Lisboa, Portugal Portugal
Coordenadas38°46′00″N 9°05′42″O
Construción
Construción1995 - 1998
Equipo
Arquitecto(s)Álvaro Siza e Eduardo Souto de Moura
editar datos en Wikidata ]

O Pavilhão de Portugal (en galego, Pavillón de Portugal) da Exposición Internacional de 1998 (Expo '98), foi o edificio construído para acoller a representación nacional portuguesa dese evento, situado no Parque das Nações de Lisboa. O proxecto é obra do recoñecido arquitecto portugués Álvaro Siza, gañador do Premio Pritzker.

O edificio ten entrada a través dunha ampla praza coberta por unha impoñente estrutura de formigón pretensado, inspirada na idea dunha folla de papel apoiada sobre dous ladrillos, abrindo o espazo para acoller diversos eventos nun lugar de escala acorde.

Despois da Expo '98[editar | editar a fonte]

O programa de exposicións estivo definido para os eventos da Expo '98, e polo tanto ignorábase qué uso se lle daría ao edificio no futuro. Despois da exposición xurdiron diversas propostas, dende o reaproveitamento do edificio como Sede do Consello de ministros ata a creación dun museo de arquitectura. Dende entón, mantense un programa provisional de exposicións.

En marzo de 2015, anunciouse que o pavillón venderase para reducir parte da débeda do Parque Expo ao Estado. Espérase que sexa reconvertido en centro de congresos e que a obra este rematada en 2018.

Foi clasificado como Monumento de Interese Público (MIP) polo IGESPAR (Instituto Português do Património Arquitectónico) o 30 de marzo de 2010.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pavilhão de Portugal". patrimoniocultural.gov.pt (en portugués).