Paul Barth (filósofo)
Paul Barth | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1858 |
Lugar de nacemento | Baruth/Mark |
Falecemento | 30 de setembro de 1922 |
Lugar de falecemento | Leipzig |
Nacionalidade | Alemaña |
Alma máter | Universidade de Leipzig |
Ocupación | filósofo, sociólogo e profesor universitario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Paul Barth, nado o 1 de agosto do 1858 en Baruth/Mark (Alemaña) e finado 30 de setembro do 1922 en Leipzig (Saxony, Alemaña), foi un filósofo e pedagogo alemán.
Biografía[editar | editar a fonte]
Paul estudou na Universidade de Leipzig, entre 1882 e 1886 foi profesor de filosofía en Breslau e Liegnitz, en 1887 en Jena e dende 1897 en Leipzig, e entre 1899 e 1916 dirixiu a Revista de Filosofía e Socioloxía.
A súa principal obra foi Die Geschichtsphilosophie Hegels und der Hegelianer, ein kritischer Versuch (Filosofía da Historia de Hegels e os hegelianos) 1896 e Die Philosophie der Geschichte als Soziologie (Filosofía da historia como socioloxía) (1897). En Die Geschichte der Erziehung in soziologischer und geistesgeschich (A historia da educación á luz da socioloxía e a historia) 1911, pensada como libro de texto para substituír os antigos, baseados no pensamento de Johann Herbart, Bart atribúe a educación a función de promover a superación do individualismo e o reforzamento da vontade.