Patricia Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPatricia Pardo
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1983 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Patricia Pardo, nada en Santiago de Compostela no ano 1983, é unha xornalista galega que traballa principalmente como colaboradora e presentadora de televisión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Patricia Pardo estudou na Universidade Complutense de Madrid e comezou a súa traxectoria no ano 2005 facendo prácticas como redactora de Mediapro e ONO. Traballou en programas como El método por dos ou Tal cual lo contamos, de Antena 3. Así mesmo, traballou en espazos de Telecinco como Está pasando, Vuélveme loca ou El buscador de historia. Dende 2010 traballa no programa de Ana Rosa Quintana.[1] Nos últimos anos exerceu como substituta de Ana Rosa Quintana durante o verán na sección de sucesos do programa.[2] No ano 2019 realizou varias substitucións na presentación do programa Ya es mediodía de Sonsoles Ónega, na mesma canle.

Programas
Ano Programa Canle Notas
2006 - 2007 Telecorazón ONO Redactora
2008 El método por dos Antena 3 Redactora
2008 - 2009 Está pasando Telecinco Presentadora da sección "Última hora"
2009 El buscador de historia Telecinco Reporteira
2009 Vuélveme loca Reporteira
2009 - 2010 Tal cual lo contamos Antena 3 Reporteira
2010 - actualidade El programa de Ana Rosa Telecinco Reporteira (2010-2017) / Colaboradora (2017-2019) / Co-presentadora (2019 - presente)
2019 - 2020 Ya es mediodía Presentadora substituta
2017 - actualidade El programa del verano Presentadora

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La defensa de los gallegos de Patricia Pardo en «El programa de Ana Rosa»: «No somos tontos»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-02-24. Consultado o 2021-03-11. 
  2. "El gran salto profesional de Patricia Pardo: de reportera a presentadora suplente en 'AR'". El Español. 28 de agosto de 2019. Consultado o 7 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]