Parvovirose canina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Parvovirus canino»)

A parvovirose ou parvovirus canino é unha doenza viral que afecta principalmente ós cachorros de can. É raro que afecte a cans adultos, sobre todo se están vacinados. 

Características do parvovirus[editar | editar a fonte]

Os parvovirus son virus con cadeas de ADN tipicamente lineal, non segmentado monocatenario, cunha tamaña media do xenoma de 5000 nucleótidos.

Os parvovirus son algúns dos virus máis pequenos (de aí o nome, en latín, parvus, significa pequeno) e miden de 18-26 nm de diámetro.[1]

Signos clínicos[editar | editar a fonte]

A presentación máis adoita é a dixestiva, ó cursar cunha gastroenterite hemorráxica viral; o virus infecta as células intestinais (os enterocitos) e replícase producindo necrose e morte celular, mecanismo responsable da sintomatoloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leppard, Keith; Nigel Dimmock, Easton, Andrew (2007). Introducción a la moderna Virología. Blackwell Publishing Limited. ISBN 1-4051-3645-6. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]