Organización Revolucionaria de Trabajadores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Organización Revolucionaria de Trabajadores (ORT) foi un partido político español, fundado en 1969 a partir da organización católica Acción Sindical de Trabajadores. A súa liña ideolóxica era marxista-leninista de liña maoísta. José Sanroma Aldea (camarada Intxausti) foi elixido como primeiro secretario xeral.

Logo da morte de Franco, a ORT non foi legalizada canda as outras forzas políticas, e non puido concorrer co seu nome ás eleccións xerais de 1977 e presentouse co nome de Agrupación Electoral de los Trabajadores. Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como Candidatura de los Trabajadores e conseguiu unha concelleira en Madrid, Paquita Sauquillo. Nese ano fusionouse co Partido del Trabajo de España (PTE) para crear o Partido de los Trabajadores de España, de breve existencia.