Partido Republicano (Estados Unidos de América)
Partido Republicano Republican Party | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Donald Trump |
Mocidades | Young Republicans Teen Age Republicans |
Filiación internacional | International Democrat Union |
Historia | |
Fundación | 20 de marzo de 1854 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Conservadorismo Liberalismo económico Federalismo Conservadorismo social |
Outros datos | |
Sede | Washington D.C., Estados Unidos |
Na rede | |
https://gop.com | |
O Partido Republicano (en inglés: Republican Party; tamén coñecido como Grand Old Party ou GOP) é un dos dous maiores partidos políticos dos Estados Unidos xunto co Partido Demócrata, ámbolos dous, únicos partidos que chegaron ao poder no país dende o século XIX.
Historia
[editar | editar a fonte]É o gran partido conservador do país, aínda que cando se fundou o 20 de marzo de 1854 representaba ós que se opuñan a expansión da escravitude e pretendían a modernización dos Estados Unidos.
Son catalogados comunmente como dereita ou centrodereita no espectro político; e están ligados a un pensamento liberal económico. A súa orixe devén da desintegración do Partido Whig no 1854, naquel momento o segundo partido máis importante dos EUA tras o Partido Demócrata.[1] Após a promulgación da Lei Kansas-Nebraska que fomentaba a expansión da escravitude ao Vello Oeste e á entrada de novos "estados escravos", en resposta antigos dirixentes Whig como Abraham Lincoln e Horace Greeley cofundaron o novo partido como forma de resposta a esa lei, con base ideolóxica abolicionista.[2]
A día de hoxe é líder da maioría no Senado da man de Mitch McConnell, mais non na Cámara dos Representantes. A figura máis salientábel e visíbel a día de hoxe do propio partido é a do empresario multimillonario Donald Trump, quen chegou ao poder o 20 de xaneiro do 2017.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Republican Party". Encyclopædia Britannica (en inglés).
- ↑ "Abraham Lincoln and Horace Greeley – Abraham Lincoln's Classroom" (en inglés). Consultado o 2023-09-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |