Saltar ao contido

Partido Reformista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partido Reformista
Tipopartido político
IdeoloxíaLaicismo, Republicanismo, reformismo e Partido Liberal Demócrata
Data de fundación7 de abril de 1912
Data de disolución2 de maio de 1924
SedeMadrid
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]
Melquíades Álvarez, fundador do Partido Reformista.

O Partido Reformista foi un partido político español de ideais republicanos, laicistas e anticaciquís, fundado o 7 de abril de 1912 por Melquíades Álvarez, despois dun memorable discurso pronunciado no Palacio de Industrias do Retiro de Madrid.[1] Nel militaron inicialmente figuras importantes da intelectualidade española da época, como Benito Pérez Galdós, Manuel Azaña, José Ortega y Gasset e Manuel García Morente e moitos outros relacionados coa Institución Libre de Enseñanza.[2] A maior base electoral do Partido Reformista situábase en Asturias, onde chegou a ter numerosos representantes nas institucións locais e provinciais. En 1923, Álvarez foi elixido Presidente do Congreso dos Deputados, do que era membro por ser electo polo distrito de Castropol.[3]

Fronte á proclamación da Ditadura de Primo de Rivera adoptou unha postura pasiva e ambigua, aínda que posteriormente participou en diversas conspiracións antiditatoriais.

Despois de proclamarse a Segunda República en 1931, o Partido Reformista cambiou o seu nome polo de Partido Republicano Liberal Demócrata.

  1. Capitán Díaz (2000), p. 258
  2. Suárez Cortina (1986), pp. 80-81
  3. Garrido (2001), pp. 73-74

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Checa Godoy, Antonio (1989). Prensa y partidos políticos durante la II República (en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 84-7481-521-5. 
  • Garrido, Aurora (2001). "Asturias". En Varela Ortega, José (Coord.). El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923). Serie: Historia (en castelán). Madrid: Marcial Pons. pp. 65–84. ISBN 84-259-1152-4. 
  • Suárez Cortina, M. (1986). El reformismo en España (en castelán). Madrid: Editorial Siglo XXI. ISBN 9788432305825. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]