Parque Natural dos Vales Occidentais
| Tipo | parque natural Lugar de importancia comunitaria espazo natural protexido parque natural | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Jacetania - Chazetania, España | |||
| Localización | Provincia de Huesca | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 27.047,90163 ha | |||
| Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 2006 | |||
| Sitio web | rednaturaldearagon.com… | |||
O Parque Natural dos Vales Occidentais é un parque natural situado no extremo occidental do Pireneo aragonés, formada polos vales da comarca da Jacetania. Con preto de 2000 quilómetros cadrados, contén toda a conca alta do río Aragón e os seus afluentes: Lubierre, Estarrún, Aragón Subordán, Veral, Majones e Escá. Debido ás diferentes altitudes e as diferentes orientacións; nestes vales existen 3 zonas ben diferenciadas: Ó norte atópanse os altos vales influídos pola existencia de antigos glaciares cuaternarios. As paisaxes foron alteradas polo xeo ó longo de séculos. Os bosques de faias, abetos, carballeiras e piñeiros son favorecidos pola alta pluviosidade e son fogar de diversas especies animais coma a pita do monte. Existen nesta zona unha reserva nacional de Caza e unha ZEPA.
Máis ó sur, atópase a canle de Berdún cuberta maioritariamente por cultivos de cereais e chopos. No extremo sur atópanse as formacións rochosas da Serra de San Xoán da Peña (Monumento Natural) e da Peña Oroel cuberta por carballos e piñeiros, sendo estes un dos bosques caducifolios mellor conservados da Península Ibérica.
O parque é refuxio dos últimos osos pardos dos Pireneos. Outras especies a salientar son o Peto montañés, o armiño, o Gabeador vermello ou a Rosalía alpina, un escaravello de cor azulada.
-
«Hayedo de Gamueta», parque natural dos Vales
-
Lugar «Aguas Tuertas»
-
Parque natural dos Vales Occidentais
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Natural dos Vales Occidentais |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.rednaturaldearagon.com/default.aspx?FolderID=59Arquivado 13 de abril de 2016 en Wayback Machine.
- O Parque na Web da Comunidade Autónoma de Aragón (en castelán)
- O Parque na web da comarca de Jacetania (en castelán)
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Espacios Naturales de interés en Aragón. Departamento de Industria, Comercio e Turismo do Goberno de Aragón (en castelán)
