Parque Natural do Moncayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moncayo
O Moncayo
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 1978
Superficie: 11.141 hectáreas
Lexislación:
Datos de interese
País: España España
Provincias: Zaragoza
Concellos: Añón, Calcena, Litago, Lituénigo, Purujosa, San Martín de la Virgen del Moncayo, Talamantes, Tarazona e Trasmoz
Ríos: Isuela, Queiles, Huecha
Picos Moncayo (2315m), Lobera (2.226m),Morrón (1.731m), Peñas de Herrera(1.591m)
Direccións de interese: Centro de visitantes en Agramonte
Teléfonos: 976 19 21 25

Montaña considerada máxica polos celtas, romanos, árabes e cristiáns, O Moncayo ( do latín Mons Caunus polo aspecto do cumio cando está cuberto de neve), é un dos enclaves naturais máis importantes da comunidade de Aragón. Cunha altitude de 2.316 metros domina un extenso territorio e é a máxima elevación do sistema ibérico, separando as estepas do Val do Ebro e os páramos de Castela. A súa altitude e o brusco desnivel favorecen a aparición de diversos ecosistemas: dende restos de glaciares no cumio ata densos boscos de faias, carballos, bidueiros e Teixos ata praderías alpinas. Presenta dúas caras ben diferenciadas: a norte máis fría de húmida está cuberta por fragas atlánticas (grazas á influencia dos ventos do norte) e a sur de clara paisaxe mediterránea con abundancia de barrancos e de relevo agreste.

A fauna é variada: dende xabaril, corzos ou porco teixos, pasando polo voitre leonado, aguias reais, bufos e a charrela entre as aves. Os valores naturais deste contorno serviron para que se incluíra o Moncayo coma Sitio Natural de interese Nacional no 1927. Posteriormente reclasificouse coma Parque natural cunha superficie de 9.848 hectáreas englobando ó anterior Parque Natural da Devesa do Moncayo e unha serie de lugares de alto valor ecolóxico non incluídos anteriormente. Na zona destaca o Mosteiro cisterciense de Veruela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Guía de los parques y reservas naturales de España. Francisco Santolalla. Editorial "March Editor". Ano 2004 (en castelán)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]