Parque-xardín botánico e carballeira de Caldas de Reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°36′13″N 8°38′20″O / 42.60361111, -8.63888889

O Parque-xardín botánico e carballeira de Caldas de Reis é un xardín botánico situado de xeito linear nas marxes do río Umia, coincidindo co paso do camiño portugués, en Caldas de Reis, Pontevedra.

Historia[editar | editar a fonte]

Caldas de Reis: Carballeira

A súa historia remóntase ao ano 1863, cando estaban en todo o seu auxe os balnearios de augas termais, o que impulsou o proxecto dunha alameda en Caldas, que vinte anos despois era o Parque-Xardín e Carballeira. Recibiu o Premio Gran de Área 2012 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia outorgado conxuntamente ao concello, como promotor e ao estudo de arquitectura "Cerreda y Lorenzo Arquitectos".[1]

Coleccións[editar | editar a fonte]

Neste enclave atópanse unha morea de especies arbóreas, na súa gran maioría exóticas, procedentes sobre todo de América[2]. É salientábel a súa colección de camelias, sendo dignos de mención dous antigos exemplares de camelia do Xapón Mathotiana Alba dunha considerábel envergadura. O Parque-Xardín e Carballeira, declarado Ben de Interese Cultural (BIC)[3], posúe entre os seus exemplares catro árbores consideradas Monumentos Naturais.

Servizo[editar | editar a fonte]

Amais do seu contido natural, este espazo emprégase como lugar de encontro de diversos actos ao longo do ano, un exemplo son as festas patronais e sobre todo o festival de musical Cultura Quente e Kaldarte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez Dacal, Carlos (1999). Concello de Caldas de Reis. ISBN 84-606-2889-2. 
  2. Turgalicia. "Parque e Carballeira de Caldas de Reis". Consultado o 10/10/2015. 
  3. Concello de Caldas de Reis. "Patrimonio etnógrafico - Arquitectura civil". Consultado o 10/10/2015.