Furabuchos balear
Aparencia
(Redirección desde «Pardela balear»)
Furabuchos balear | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Crítico | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Puffinus mauretanicus P.R. Lowe, 1921 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Puffinus puffinus mauretanicus |
O furabuchos balear[1][2] ou pardela balear[3] (Puffinus mauretanicus) é unha especie de pardela en grave perigo de extinción endémica das illas Baleares. Chamada baldritja en Mallorca e Menorca e virot nas Pitiusas, foi considerada unha subespecie da Puffinus yelkouan. En 2003 estimábase que había menos de 2.000 parellas.
Os exemplares adultos miden entre 30 e 38 cm, teñen unha envergadura de 76–89 cm e pesan uns 500 g. Tralo período de cría, abandonan as illas para emigrar ao golfo de Biscaia, onde pasan o verán. Algunhas veces chegan ás costas británicas, surescandinavas e norteafricanas; tamén invernan no litoral valenciano e catalán.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Furabuchos balear (Puffinus mauretanicus). Consellería de medioambiente. Xunta de Galicia.
- ↑ "furabuchos balear". TERGAL. Consultado o 18 de abril de 2024.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Furabuchos balear |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Furabuchos balear |