Paradoxo de Russell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O paradoxo de Russell ou paradoxo do barbeiro, descrita por Bertrand Russell en 1901, demostra que a teoría orixinal de conxuntos formulada por Cantor e Frege é contraditoria.

O paradoxo en termos de conxuntos[editar | editar a fonte]

Supoñamos os casos de conxuntos que son membros deles mesmos. Un exemplo descrito é o que supón un conxunto que consta de "ideas abstractas". O devandito conxunto é membro del mesmo porque o propio conxunto é unha idea abstracta. Outro exemplo sería unha bolsa con bolsas dentro. Doutra banda un conxunto que consta de "libros" non é membro de si mesmo porque o conxunto en si non é un libro. Russell preguntaba (nunha carta escrita a Frege en 1902), se o conxunto dos conxuntos que non forman parte deles mesmos (é dicir, aquel conxunto que engloba todos aqueles conxuntos que non están incluídos en si mesmos, como o de "libros" no exemplo anterior) forma parte de si mesmo. O paradoxo consiste en que se non forma parte de si mesmo, pertence ao tipo de conxuntos que non forman parte de si mesmos e por tanto forma parte de si mesmo. É dicir, formará parte de si mesmo só se non forma parte de si mesmo.

Enunciado formal do paradoxo[editar | editar a fonte]

Chámese ao "conxunto de todos os conxuntos que non se conteñen a si mesmos como membros". É dicir

(1)

Segundo a teoría de conxuntos de Cantor, a ecuación (1) pódese representar por

(2)

é dicir "Cada conxunto é elemento de se e só se non é elemento de si mesmo".

Agora, como é un conxunto, pódese substituír por na ecuación (2), de onde se obtén

(3)

É dicir que é un elemento de se e só se non é un elemento de , o que é absurdo.

O paradoxo en termos do barbeiro[editar | editar a fonte]

O paradoxo de Russell foi expresada en varios termos máis cotiáns. O máis coñecido é o paradoxo do barbeiro que se pode enunciar da seguinte maneira:

Nun afastado poboado dun antigo emirato había un barbeiro chamado As-Samet destro en afeitar cabezas e barbas, mestre en limpar pés e en pór sambesugas. Un día o emir deuse de conta da falta de barbeiros no emirato, e ordenou que os barbeiros só afeitasen aquelas persoas que non puidesen facelo por si mesmas. Certo día o emir chamou a As-Samet para que o afeitase e el contoulle as súas angustias:

—Na miña vila son o único barbeiro. Non podo afeitar o barbeiro do lugar, que son eu!, xa que se o fago, entón podo afeitarme por min mesmo, e polo tanto non debería afeitarme! Pero, se pola contra non me afeito, entón algún barbeiro debería afeitarme, pero eu son o único barbeiro de alí!

O emir pensou que os seus pensamentos eran tan profundos, que o premiou coa man da máis virtuosa das súas fillas. Así, o barbeiro As-Samet viviu para sempre feliz e barbán.[1]

En lóxica de primeira orde, o paradoxo do barbeiro pódese expresar como:

(4)

Onde significa " é afeitado por ". O anterior leríase como "cada persoa é afeitada polo barbeiro se e só se non se afeita a ela mesma". É importante notar a semellanza entre as ecuacións (2) e (4). Ao substituír por obtense

(5)

É dicir que o barbeiro se afeita a si mesmo se e só se non se afeita a si mesmo, o cal é unha contradición.

Porén, Russell dubida sobre esta formulación, e el mesmo comentou "Nunha ocasión foime suxerida unha formulación que non era válida; a cuestión de se o barbeiro se afeita ou non a si mesmo. Vostedes poden definir o barbeiro como 'alguén que afeita a todos aqueles, e só aqueles, que non se afeitan a si mesmos'. A pregunta agora é: aféitase o barbeiro a si mesmo? Así formulada, a contradición non é moi difícil de resolver".

Explicación do paradoxo[editar | editar a fonte]

Os conxuntos son reunións de cousas, por exemplo de coches, libros, persoas etc. e neste sentido chámanse conxuntos normais.

A característica principal dun conxunto normal é que non se contén a si mesmo. Pero tamén existen conxuntos de conxuntos, como , que é o conxunto de subconxuntos de .

Un conxunto de conxuntos é normal salvo se podemos facer que se conteña a si mesmo. Isto último non é difícil se temos o conxunto de todas as cousas que NON son libros e como un conxunto non é un libro, o conxunto de todas as cousas que NON son libros formará parte do conxunto de todas as cousas que NON son libros. Estes conxuntos que se conteñen a si mesmos chámanse conxuntos singulares.

Está claro que un conxunto dado ou ben é normal ou ben é singular; non hai termo medio: ou se contén a si mesmo ou non se contén. Agora tomando o conxunto como o conxunto de todos os conxuntos normais. Que clase de conxunto é ? Normal ou Singular?

Se é normal, estará dentro do conxunto de conxuntos normais, que é , logo xa non pode ser normal. Se é singular, non pode estar dentro do conxunto de conxuntos normais, logo non pode estar en , pero se non pode estar en entón non é singular.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. López Mateos, Manuel (1978). Los Conjuntos. México D.F.: Publicaciones del Departamento de Matemáticas, Facultad de Ciencias, UNAM.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]