Paradise Lost (grupo musical)
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Paradise Lost | |
---|---|
A banda nun concerto no 2007 | |
Orixe | Halifax, Inglaterra |
Período | 1988 - presente |
Xénero(s) | doom metal, metal gótico, death/doom (primeiros álbums) |
Selo(s) discográfico(s) | Century Media, Music for Nations, G.U.N. Records |
Membros | Nick Holmes Gregor Mackintosh Aaron Aedy Steve Edmondson Adrian Erlandsson |
Antigos membros | Matthew Archer Lee Moris Jeff Singer |
Na rede | |
www.paradiselost.co.uk/ | |
Paradise Lost é unha banda inglesa de doom metal formada en 1988 en Halifax. Compatriota de grupos similares como Anathema e My Dying Bride, formou a base do metal gótico e foi unha das bandas responsables do xurdimento do subxénero death/doom tras a edición do seu segundo álbum Gothic. O grupo foi pulindo o seu son a mediados dos anos 90 e incorporou instrumentos electrónicos a partir do seu disco de 1997 One Second.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e Peaceville Records (1988-1991)
[editar | editar a fonte]Paradise Lost formouse en Halifax, Inglaterra, no ano 1988. Asinaron coa discográfica Peaceville Records despois de editar tres demos, Frozen Illusion, e Plains of Desolation, lanzando o seu primeiro álbum, Lost Paradise, en febreiro de 1990.[1] Este, a pesar da produción minimalista e a música baseada moi xenericamente no death metal, tivo boa repercusión, vendendo ben e sendo bastante eloxiado en recensións.
En marzo de 1991 lanzaron o seu segundo álbum, Gothic. Esta gravación está bastante caracterizada polo nome, non sendo necesario unha descrición detallada. Polo uso de pasaxes orquestradas, guitarras con afinación grave, voces femininas tétricos ao fondo e solos escuros, Paradise Lost atinxiu un son bastante distinto e orixinal.
En 1992 a banda deixou Peaceville Records e asinou un contrato de tres anos con Music for Nations. Con Simon Efemey como novo produtor, entraron no estudio para gravar, segundo algúns, os seus mellores once temas. En xuño de 1992 foi lanzado Shades of God. O álbum presenta grandes riffs, paradas acústicas e letras nun nivel xamais alcanzado polas súas gravacións anteriores. Shades of God lanzounos cada vez máis lonxe do death metal, nunha categoría que non había aínda maneira de definir.
Tras unha xira de grande éxito, a banda volveu directamente á Longhome Studios, coa mesma fórmula de Simon Efemey e deseños de Dave McKean. O resultado foi o EP As I Die, lanzado en outubro de 1992, que foi aclamado como "Single of the Week" da MTV europea, onde alcanzou alta repercusión, superior, incluso, a un sinxelo de Metallica.
O cuarto álbum, Icon, lanzado en xuño de 1993 novamente coa produción de Simon Efemey, foi saudado como unha obra mestra do metal gótico[2] e cimentou a súa posición na escena metal corrente. Este traballo tamén resultou no enterro definitivo da formación death metal da banda.
Outro EP na carreira da banda, Seals The Sense, foi a base dos concertos da banda en festivais do verán de 1994. En medio destes, a banda crecía a cada concerto, chegando a actuar perante 700 00 fans que gritaban no show Rock in the Ring, en Núremberg, Alemaña. A banda continuou en grandes festivais por toda Europa e rematou o verán co lanzamento dun vídeo en longametraxe coa Harmony Breaks, en agosto.
No fin de 1994, o batería Matt Archer saíu da banda, sendo substituído por Lee Morris. A súa saída foi xustificada como "perda do interese pola banda". A pesar do cambio na formación da banda, o novo batería non tivo grande impacto na gravación do álbum seguinte, Draconian Times, pois a maior parte das cancións xa foran escritas e ata gravadas.
Neste álbum, publicado en 1995, a composición das cancións mellorou dramaticamente. O álbum está cheo de melodías, ritmos pesados, batería sólida, letras inspiradas e voces impecables. Dende a primeira canción, "Enchantment", a banda crea un clima e provoca a imaxinación.
Para apoiar o lanzamento deste álbum, Paradise Lost embarcou nunha xira a nivel mundial, chegando á marca dun millón de copias vendidas, nunca antes alcanzada por unha banda do estilo.
O álbum seguinte, One Second (1997), causou certo alboroto entre os fans pola utilización da batería electrónica, ritmos inspirados no synthpop dos anos 80 e menos guitarra. Pero a banda coidou para que as belas melodías contidas neste traballo e as músicas atraesen e mantivesen os antigos fans e ademais conquistasen algúns novos.
Paradise Lost parecía chegar ao seu auxe e en 1999 apareceu un álbum que sorprendeu os fans máis tradicionais. A influencia do son gótico / synthpop dos anos 80 aumentou de modo considerable[3], sendo o disco moi semellante ao son da banda Depeche Mode. O clima atmosférico e a case ausencia de guitarras predominan no disco, o que causou estrañeza de boa parte dos fans, acusándoos de venderse.
O ano de 2001 lanzaron o álbum Believe in Nothing, un álbum que pasou medio desapercibido nos medios e tamén polos fans, porque despois do polémico "Host", a banda perdera parte dos seus fans e fama. O álbum en si é un intento de volver á sonoridade do pasado, con máis peso das guitarras na música, pero a mestura da gravación acabou por non agradar a banda pola perda de peso no resultado final, nesa xira a banda chegou a tocar no festival Wacken Open Air, sen moito alarde por parte dos medios de comunicación e incluso algúns membros da banda ignoran ese álbum hoxe en día, considerándoo un capítulo escuro na vitoriosa carreira da banda.
A banda chega ao ano 2002 co álbum "Symbol of Life" que é moi ben recibido pola crítica especializada. Co slogan "o verdadeiro sucesor de Draconian Times", a banda retorna con certo peso nas súas composicións, como no tema "Self-obssessed". Dese álbum tamén nacen clásicos como "Erased" e "No Celebration". Ao final da xira o batería "Le Morris" integrante desde os tempos de Draconian Times decidiu saír da banda, deixando o seu posto libre para a entrada de Jeff Singer (ex-Blaze).
Membros
[editar | editar a fonte]Formación actual
[editar | editar a fonte]- Nick Holmes - Vocalista
- Gregor Mackintosh - Guitarra eléctrica
- Aaron Aedy - Guitarra eléctrica
- Steve Edmondson - Baixo
- Adrian Erlandsson - Batería
Membros antigos
[editar | editar a fonte]- Matthew Archer - Batería
- Lee Morris - Batería
- Kay Fields - Vocal (integrante invitada)
- Jeff Singer - Batería
Discografía
[editar | editar a fonte]Demos
[editar | editar a fonte]EPs
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Lost Paradise | 1990 | Peaceville Records |
Gothic | 1991 | Peaceville Records |
Shades of God | 1992 | Music for Nations |
Icon | 1993 | Music for Nations |
Draconian Times | 1995 | Music for Nations, Relativity Records |
One Second | 1997 | Music for Nations |
Host | 1999 | EMI |
Believe in Nothing | 2001 | EMI Electrola GmbH |
Symbol of Life | 2002 | GUN Records, Koch Records |
Paradise Lost | 2005 | Bertelsmann Music Group, GUN Records |
In Requiem | 2007 | Century Media Records |
Faith Divides Us - Death Unites Us | 2009 | Century Media Records |
Tragic Idol | 2012 | Century Media Records |
The Plague Within | 2015 | Century Media Records |
Medusa | 2017 | Nuclear Blast |
Obsidian | 2020 | Nuclear Blast |
Álbums ao vivo e recompilacións
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paradise Lost Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-03.
- ↑ Acabou sendo un álbum influente dentro dos grupos de metal extremo. O álbum foi etiquetado como un "clásico" e foi avaliado moi positivamente tanto polos fans como polos críticos.
- ↑ No seguinte álbum, Believe in Nothing (2001), Paradise Lost continuou o estilo synth, mais engadindo elementos de rock á súa música. En maio de 2002 a banda asinou un contrato con GUN Records, e no álbum seguinte, Symbol of Life, as raíces metálicas do grupo comezaron a rexurdir.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |