Saltar ao contido

Papuxa sarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papuxa sarda

Exemplar adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sylviidae
Xénero: Curruca
Especie: ''C. sarda'
Nome binomial
'Curruca sarda'
(Temminck, 1820, Sardeña)
Ovos de Cuculus canorus canorus + Sylvia sarda

A papuxa sarda[2] (Curruca sarda, antes Sylvia sarda) é unha ave da familia Sylviidae.

Morfoloxía e hábitos

[editar | editar a fonte]

A papuxa sarda ten unha lonxitude duns 13,5 cm. O corpo enteiro é de cor agrisada, case azulado no caso dos machos. Normalmente coa cola erguida e cunha carúncula ocular tipicamente vermella. Habita en zonas de ladeiras e monte baixo.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Localizada unicamente en Córsega, Sardeña e outras illas do Mediterráneo Occidental. Inverna ocasionalmente na costa alxeriana e tunesina. Algunhas fontes consideran os exemplares localizados nas Illas Baleares coma unha subespecie propia (Sylvia sarda balearica), mentres que outras a consideran unha especie separada (Sylvia sarda ou Curruca sarda).

  1. BirdLife International (2012). "Sylvia sarda". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a. (en castelán)