Papá ou mamá 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Papá ou mamá 2
Ficha técnica
Título orixinalPapa ou Maman 2
DirectorMartin Bourboulon
GuiónMartin Bourboulon
Matthieu Delaporte
Marina Foïs
Laurent Lafitte
Alexandre de La Patellière
IntérpretesLaurent Lafitte
Marina Foïs
Alexandre Desrousseaux
EstudioChapter 2
Pathé
M6 Films
Nexus Factory
Fargo Films
Estrea2016
Duración97 minutos
Orixe Francia
XéneroComedia
Filme anteriorPapa ou Maman
Na rede
IMDB: tt5833730 Allocine: 239764 Editar o valor em Wikidata

Papá ou mamá 2 (en francés: Papa ou Maman 2) é un filme francés de 2016 dirixido por Martin Bourboulon, estreado en 2016. É a continuación de Papa ou Maman, estreado en 2015.[1] Estreouse en galego o 3 de outubro de 2023 na TVG.[2][3] A tradución para a dobraxe fíxoa Adrián Ramos.[4]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Logo dun divorcio difícil, Vincent e Florence parecen vivir bastante ben. Ao parecer, cada un leva a súa propia vida e mantén moi boa relación co outro, aínda que con catro fillos a loxística familiar é complicada. Son veciños, vense continuamente e nunca discuten. Ambos volven ter unha parella e, aínda que cada un pretenda aceptar sen problema a do outro, están á espreita. Os nenos están convencidos de que os seus pais aínda se queren e que deberían volver xuntos, mais Vincent e Florence están dispostos a todo para demostrar que están trabucados.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Laurent Lafitte como Vincent Leroy
  • Marina Foïs como Florence Leroy
  • Alexandre Desrousseaux como Mathias Leroy
  • Jonathan Cohen como Édouard Morteau
  • Sara Giraudeau como Bénédicte
  • Anna Lemarchand como Emma Leroy
  • Achille Potier como Julien Leroy
  • Judith El Zein como Virgínia
  • Nicole Garcia como a nai de Florence
  • Michaël Abiteboul como Paul
  • Michel Vuillermoz como Coutine
  • Alice Saignes e Louise Bleeds como Charlotte Leroy
  • Anne Le Ny como a xuíza

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Allociné (ed.). "Papa ou Maman 2 - critiques presse". Consultado o 12 de maio de 2020. 
  2. @DobraxeGalega (ed.). "Papá ou mamá 2 en galego na TVG". Consultado o 10 de outubro de 2023. 
  3. @DobraxeGalega (ed.). "Filmes dobrados ao galego na TVG en 2023". Consultado o 3 de xaneiro de 2024. 
  4. __adrian_ramos (ed.). "Dobraxe de Papá ou mamá 2 na TVG". Consultado o 10 de outubro de 2023.