O pan de figos é unha preparación típica da gastronomía española, aínda que tamén se pode encontrar en Portugal. A pesar de denominarse pan, non ten porque conter nin fariña nin trigo. Elabórase a partir de figos desecados formando estes unha pasta compacta e densa. Tamén se lle poden engadir outros ingredientes, como froitos secos ou froita cristalizada. Trátase dunha receita orixinalmente rural, talvez de orixe árabe, que se caracterizaba principalmente por cumprir dúas funcións: por un lado permitía a conservación duradeira dos excedentes de figos que se recollían nunha anada e por outro lado constituía un alimento enerxético moi útil á hora de realizar as duras tarefas do campo. Na España actual prodúcese e consómese pan de figos principalmente por deleite desta especialidade e, máis particularmente, durante as festas de Nadal e Aninovo.